26/2/18

ABRIDEAFIESTRA

Este curso celebramos a Conmemoración do día de Rosalía de Castro, abrindo as fiestras despois de convertilas nun mural de versos e ilustracións dos mesmos, empregando como base as temáticas que abrangue o libro "Cantares Gallegos". Este foi o resultado. Esperamos que vos guste.

14/2/18

E ... ASÍ REMATAMOS O ENTROIDO!!!

@s alumn@s de Angorén rematamos o entroido bailando o son de diferentes músicas, cada unha delas escoitada por unha tribo urbana diferente. Mais seguindo as ordes do Meco coñecimos outras que nos fixeron disfrutar ao longo da semá de entroido, sendo este o resultado.
AI ESTAMOS TODOS ..
.

6/2/18

OS LIBROS E O ENTROIDO

Hola Familias !!!
Queremos amosarvos o libro do que @s alumn@s de Angorén sacamos as ideas para disfrazarnos este curso no entroido. Descubrimos que nunha mesma cidade, aldea poden vivir xuntos moitos grupos diferentes en canto a gustos musicais, estilo, ... Chulisiiimooo !



4/2/18

LOGO CHEGA ... O ENTROIDO

Xa chega o Entroido. Para divertirnos, comezamos coas ORDES do MECO :  A DIVERTIIRSEEE ...

1/2/18

RECREOS MUSICAIS NA BIBLIOTECA

Volven os nosos recreos musicais. Neste caso música, lectura, baile e video relacionado coa paz. Creado por Mikkias, Anxo e Pedro.

PEQUENOS/GRANDES XESTOS POLA PAZ

O día 30 de Xaneiro conmemoramos no centro o " Día pola Paz", un recordatorio de que con un pouco de esforzo e todos xuntos podemos acadar esa desexada paz, que debe comezar cunha convivencia pacífica na nosa localidade e ir superando obstáculos ata chegar a todos.
O longo das semás previas fomos comprobando que moitos descoñecidos, imitando a grandes exemplos mundiais, foron quen de loitar por pequenos obxectivos que fixeron que a súa xente, na familia, no barrio, na parroquia ou nunha nación conseguirán esa convivencia pacífica. 
Agora queremos presentárvolos a vós, xa que cada nivel do centro, realizou un estudo e un pequeno traballo sobre estos descoñecidos. Eiqui volo deixo. Espero que gocedes moito compartindo un momento de " pequena sabiduría" cos vos@s fill@s.