4/5/22

FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

 O alumnado de 5º de Primaria, acudíu o xoves día 28 de abril a  Radio Vigo .

Foi unha visita na que houbo un traballo previo no centro e na que todos crearon un programa de radio.

Alí, tivemos a oportunidade de grabar unha cuña para a promoción do noso centro e ademáis, coñecer as diferentes instalacións.





Posteriormente, baixamos a  TeleVigo , onde disfrutamos vendo o set de control e como se crea a pragramación dunha canle de televisión. 

Ademáis, gozamos moito facendo preguntas e sendo os presentadores dun telexornal!!






3/5/22

ABRIL, MES DO LIBRO (2022)

 Neste mes tan especial para as bibliotecas leváronse a cabo actividades no exterior do cole para todo o alumnado.

Grazas a especialista de música e a voluntariedade dalgúns nenxs fixeron

"RECREOS MUSICAIS", con grandes actuacións para o resto do cole!!🙌



Ademáis xs nenxs de 5º crearon uns CONTACONTOS fantásticos cunha posta a punto única. Como nos gusta celebrar e compartir!

😀Grazas a todxs por esa gran colaboración😀


Culminamos o mes coa celebración polo "Día do Libro" coa proposta
"Enfeitízate coa lectura",
moi relacionado co noso proxecto deste ano "Galicia Máxica".

Así todo o alumnado do cole fixo recomendacións lectoras en pócemas máxicas para enfeitizarnos coa lectura de diferentes contos.

Encántanos compartir gustos e ver o cole coas nosas propostas.👏










YAYOI KUSAMA NA BIBLIO CARACOLA TOLA

 A Caracola Tola convidou á biblio a unha artista mondaricense que presentounos a obra de 

Yayoi Kusama



Achegounos ao mundo da arte a través dun conto que presenta a vida e obra desta artista.


Despois fixemos un trivial cun dado que propoñía diferentes retos e preguntas sobre a mesma para poder gañar un montón de círculos de cores cos que creamos o recuncho na biblio da Caracolatola representando unha verdadeira obra de arte.


Tamén levouse a cabo un bingo de formas e unha manualidade con material de refugallo creando á propia Yayoi Kusama.









DÍA DA MULLER E SEMANA DA PRENSA 2022

 Este ano celebramos estas dúas conmemoracións xuntas a nivel centro dende a proposta da Biblioteca Caracola Tola para todo o alumnado, dende 4º de infantil ata 6º de primaria.

Reivindicamos a través de noticias estas mulleres tan importantes na nosa historia e todas as súas aportancións. 

Cada clase investigou unha delas redactando todo o que aprenderon e compartíndoo con toda a comunidade educativa do cole. 

Así chegamos ao coñecemento de máis e máis mulleres que deixan pegadas no día a día!




Están feitxs unhas auténticas/os periodistas 

 8-M