27/10/13

RECURSOS SOBRE O SAMAÍN

http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=48227

https://sites.google.com/site/magostoreboreda/


O CALENDARIO CELTA

Do blog " lembrandoagalicia.com.blog" sacamos este calendario celta:


LIBROS PARA O SAMAÍN DA NOSA BIBLIOTECA







FELIZ ANDAINA PARA AS MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Esta semán repartimos , un ano máis, as mochilas viaxeiras entre os cursos de infantil e primaria da escola. Aquí quedan as fotos da preparación e das mochilas xa preparadas para a súa nova andaina.
Dentro de cada mochila vai unha libreta con algunha cita relacionada coa lectura , coa composición desa mochila e coa nosa proposta de escritura pra as familias. Este ano o título xeral é "MEMORIA DA ESCOLA" e a parte do escrito " SUMANDO TEMPOS" no que solicitamos a colaboración das familias para que nos conten lembranzas dos seus tempos escolares.








20/10/13

Semana da Biblioteca

Esta semana gozaremos co libro "365 pingüinos" : un libro cheo de humor e moi relacionado con contidos matemáticos e ecolóxicos.
Esta actividade está consensuada entre as bibliotecas escolares do concello de Redondela.


O ALUMNADO DE 6º CO ALUMNADO DE 1º

O alumnado de 6º estivo explicando ao alumnado de 1º curso o funcionamento da biblioteca.





14/10/13

NO CONGRESO

Aquí están varias fotos durante a exposición que fixemos no congreso sobre "Bibliotecas e Municipios"




A BIBLIOTECA NACIONAL

A organización do congreso en Madrid prestouse a ofrecernos una visita guiada á Biblioteca Nacional.
Nin que dicir ten que quedamos impresionadas tanto polo maravilloso edificio como polas explicacións do seu funcionamento así como algunhas anécdotas curiosas.
 



 

4/10/13

ENTRANDO EN MATERIA

Temos algunhas novidades sobre o proxecto deste ano que podemos consultar na biblioteca: