17/12/14

CONCERTO DO NANO CO CLARINETE

Hoxe gozamos dun magnífico concerto a cargo de Nano, alumno de 5º, que tocou o clarinete.
Diante dun público entregado puidemos escoitar :

  • Melodie de R. Schumann
  • Three Dance de Melchior Franck
  • Berceuse de R. Schumann
  • Frère Jacques 
  • Carol.
Tamén escoitamos algúns bises relacionados con estas festas.
Noraboa, Nano!





9/12/14

ESCOITANDO A RADIO : TRAVESÍA DO OCEÁNO PACÍFICO A SAN FRANCISCO

Neste enlace podedes escoitar a retransmisión da lectura en radio Beretiño destes capítulos do libro: a chegada a San Francisco.
 Pinchade na imaxe para escoitalo.








VISITA DAS AUTORIDADES CO GALO DO PREMIO CONCEDIDO POLA CONSELLERIA

Tamén nos visitaron diferentes personalidades como o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universataria, acompañado deo Xefe territorial da mesma consellería , da nosa inspectora e algúns membros da corporación municipal. 
 Para máis información, na páxina web do centro.





AS ÁRBORES DE WANGARI

En E. INFANTIL estiveron coñecendo a Wangari e aquí vai unha mostra do traballo plástico realizado.






MURAL DAS MALETAS

No proxecto que estamos a desenvolver as familias participan e así se mostra no mural da entrada con esas marabillosas maletas realizadas por elas.





MURAL SOBRE AS CARTAS A MALALA

Despois de traballar no 25-N sobre a Violencia contra as Mulleres , o alumnado de primaria escrebeu unha carta a Malala para contarlle a súa opinión sobre o seu valor e o seu exemplo.



O 3 DE DECEMBRO , CHEGADA A SAN FRANCISCO.

Unha vez máis, o noso alumnado ( esta vez de 5º), radiou a chegada dos nosos protagonistas a San Francisco e as aventuras que pasaron ata alí.




MOITAS ACTIVIDADES: O ESAD DE VIGO E AS AULAS DE INTERPRETACIÓN

Tivemos unha semana cargada de actividades, entre as que salientaron os obradoiros de interpretación a cargo do alumnado do ESAD. 
O alumnado pasouno fenomenal ( pasaron do Polo Norte ao deserto) e completaron un ciclo dedicado nas outras clases á Dirección tetral e á Escenografía.





3/12/14

CONCERTO NOS RECREOS DA BIBLIO

Hoxe tivemos de novo a oportunidade de gozar das habilidades musicais duns alumnos de 3º de orimaria: Anxo, Elva e Yaiza. O concerto estivo xenial e aplaudímoslle moito.

Clara, de 6º, encargouse de facer estas fotos fantásticas.



2/12/14

CLASES DE ESCENOGRAFÍA POR PARTE DO ALUMNADO DO ISAD DE GALICIA



A MOITO APRENDERON OS NENOS E NENAS DE 3º CURSO COAS CLASES E OS TRUCOS DE ESCENOGRAFÍA QUE LLE FIXERON ESTES AALUMNOS TAN SIMPÁTICOS. 

MÁIS FOTOS DAS ACTIVIDADES DO 5 DE NOVEMBRO

KAMISHIBAI DE " CARTA A MALALA" PARA O ALUMNADO DE E.INFANTIL DE ALUMNADO DE 6º CURSO.








27/11/14

GOZAMOS COA ACTIVIDADE DRAMÁTICA.

O alumnado de 3º curso estivo hoxe de sorte xa que poideron realizar actividades de xogo dramático co alumnado de Dirección Teatral da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.
Mañán terán outra sesión relacionada coa escenografía por parte do alumnado que estuda dita materia e o vindeiro mércores, serán os de interpretación.
 O  pasado luns xa estivemos na biblioteca buscando libros de teatro e falando das particularidades dunha obra de teatro.



ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Hoxe visitounos Rosa, representante da ONG IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO  e quedamos impactados polo que nos estivo contando: sobre o traballo de Implicadas, sobre os Grupos de Axuda Mutua, sobre o papel da muller na nosa sociedade e noutras culturas e, sobre todo, da solidariedade entre mulleres como xeito de loitar contra a violencia e contra as desigualdades.


Para quen teña máis interés pode visitar a súa páxina:

24/11/14

LIM SOBRE OS BARCOS

Como estamos estudando diferentes tipos de barcosa raíz do libro de Verne, o departamento de TIC fixo un novo LIM sobre barcos.



 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandreboveda/node/360


PARA ESCOITARSE.

Para quen qeira escoitar o relato por Radio beretiño da pasaxe do 13 de outubro pode ir á páxina web da escola: 

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandreboveda/node/361

SUXESTIÓNS DE ACTIVIDADES PARA O 25 DE NOVEMBRO.

O 25 de novembro estaremos traballando sobre a forza de varias mulleres para saír adiante en circunstancias adversas e violentas.
Coñeceremos a Wangari, a Malala e a Azita Rafaat e as súas circunstancias de vida.
Estas son as nosas suxestións de actividades.


13/11/14

O 13 DE NOVEMBRO

O día, 13 de novembro , coa marea da mañán o Carnatic entraba no porto de Yokohama....
 Passepartout pisou sen nengún entusiasmo aquella curiosa terra dos Fillos do Sol. Non tiña nada mellor que facer que tomar o azar como guía e pasear polas rúas da cidade.





MATEMÁTICAS NA BIBLIOTECA

Desde a celebración do Día das Bibliotecas escolares levamos varios días, na hora de biblioteca, traballando con diferentes libros.





12/11/14

LIM SOBRE ÁFRICA


OUTRO LIM SOBRE VERNE


LIM SOBRE AMÉRICA


LIM SOBRE ASIA

OUTRO LIM PERO ESTA VEZ EN INGLÉS

MOREAS DE LIM

O departamento de TIC está embalando traballando no proxecto do centro e vén de proporciornarnos unha chea de recursos LIM para traballar nas aulas  de elaboración propia.
Este vai sobre o libro de Verne. 



4/11/14

AMBIENTANDO A ESCOLA CON POEMAS SOBRE VIAXES


O DÍA DAS BIBLIOTECAS NA CARACOLA TOLA

Celebramos o Día das Bibliotecas traballando coas matemáticas sobre un libro "  A TAMAÑO REAL "  e diferentes actividades sobre o mesmo: medimos, contamos, fixemos aproximaxións e cálculos.




MOCHILAS VIAXEIRAS 14-15

MOSTRAMOS A PRESENTACIÓN DAS MOCHILAS VIAXEIRAS AO COMPLETO.


26/10/14

A PRIMEIRA VEZ

PARA O ALUMNADO MÁIS PEQUENO DE E. INFANTIL FOI A PRIMEIRA VEZ QUE SE ACHEGABAN Á BIBLIOTECA E O VIVIRON CON MOITA EMOCIÓN.




CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O DÍA 24 DE OUTUBRO COMEZARON OS EMPRÉSTITOS NAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL.
O ALUMNADO MÁIS VELLO ESTABA DESEXANDO PODER LEVARSE AS MOCHILAS COS SEUS LIBROS ACASA E ASÍ DEMOSTRARON A SÚA LEDICIA. 







23/10/14

LIBROS SOLIDARIOS

En colaboración con outras bibliotecas escolares e municipais de Redondela, iniciamos mañán a campaña " LIBROS SOLIDARIOS" . Esta consiste no troco de libros por comida ou outro tipo de produtos que serán destinados a Cáritas de Redondela. 
A campaña comeza o 24 de outubro no que festexamos o Día das Bibliotecas Escolares e remata o 28 de novembro.




MOCHILAS VIAXEIRAS

Por fin están en marcha camiño dos  fogares as mochilas viaxeiras que lle preparamos para as familias.
Este curso démoslle especial importancia ao álbum ilustrado. pronto subiremos o documento con todo o contido.


22/10/14

CARTELERÍA





ESTAMOS INMERSOS NO PROXECTO DO CURSO E ANDAMOS VIAXANDO POLO MUNDO E CHEGANDO A CALCUTA. 

NA ENTRADA PRINCIPAL TEMOS UN MURAL GRANDE COA VIAXE DE FOGG EOS SEUS ACOMPAÑANTES QUE NOS SERVIRÁN DE GRAN AXUDA. 

ADEMAIS, A PROFE BEA, REALIZOU VARIOS MURAIS SOBRE A LIÑA DO CEO DE LONDRES QUE QUEDARON ESPECTACULARES.


19/10/14

CINE NA BIBLIOTECA

O luns pasado , DÍA 13 , durante o recreo, tivemos a oportunidade de asistir ao pase de "Kika y la vuelta al mundo en 8 días" .
ÉXITO TOTAL..



9/10/14

9 DE OUTUBRO EN SUEZ

"Estas fueron las circunstancias en las que se envió el telegrama relativo al señor Phileas Fogg.
El miércoles, 9 de octubre se esperaba en Suez, a las once de la mañana, la llegada del paquebote Mongolia ....." 

 

BUSCANDO E CONTANDO OFICIOS E MEDIOS DE TRANSPORTE, ATOPAMOS UNHA HISTORIA

Están sendo as clases moi divertidas xa que divertímonos moito buscando diferentes oficios e transportes e imos atopando moitas historias: paxariños que fuxen, s unha señora cunha dor de moas tremenda...




VIAJES

Imos de viaxe e traballamos un libro moi suxerente que nos invita a descubrir que pasa con nós , coas maletas, nas encrucilladas, cos mapas,.. todo nunha rima moi entretida.

 

ENTRANDO EN MATERIA

Empezamos cos cursos de 5º e 6º de primaria a realizar actividades que poñan en contacto ao alumnado co proxecto deste curso. 
Aquí vai unha explicación da actividade " OIDO AO TEXTO".





2/10/14

INAUGURACIÓN

O luns, 29, abrimos a Biblioteca da Caracola Tola. Había moita expectación por ver as novidades e por empezar cos empréstitos. 
Tamén tivemos un pequeno concerto do alumno de 6º , Serxio, amenizándonos co seu bombardino.






28/9/14

NOVIDADES

Para os lectores e lectoras máis expertos temos algunhas novidades ben divertidas e que tratan de viaxes: