21/12/15

CONCERTO PARA REMATAR O ANO

Pedro tocou o violín acompañado de Mikias e Nico na percusión e logo Marta tocou a guitarra(alumnado de 4º B) agasallándonos cun concerto para rematar o ano que nos soubo a gloria. Un aplauso moi grande para eles.







16/12/15

AGASALLA GALEGO

Estas son as nosas recomendacións lectoras para os agasallos de libros e discos para este nadal.
É unha proposta realizada pola biblioteca, o departamento de Dinamización e o de TIC.
Esperemos que vos guste.


15/12/15

TRABALLO SOBRE OS CONTOS CLÁSICOS E OS ESTEREOTIPOS.

Coa clase de 3º e de 4º vimos de ler este marabilloso libro de "El Hematocrítico"titulado FELIZ FEROZ .
Ademais de rir moito co libro serviu para falar sobre os diferentes personaxes dos contos clásicos que aparecen no libro e sobre os que os demais esperan de nós.


Traballando a secuenciación visual e a expresión oral

Co alumnado de 2º , na hora de biblio, estivemos traballando a secuenciación visual co marabilloso libro de "Adivina quién hace qué". 
Despois de escanear o libro e de interpretalo, fómonos colocando por orden de aparición ao mesmo tempo que tiñamos que expresar oralmente o que ía pasando. 
ao rematar estabamos nun círculo, pechando o conto.



TRABALLANDO COS LIBROS DA BIBLIOTECA

En 2º e en 3º curso na hora de biblioteca contamos un conto "Gorilón" e logo estivemos traballando a nivel oral e escrito as diferentes estruturas da narración.





EX0PERIMENTANDO ... CO CURSO DOS RÍOS

O alumnado de 4º está traballando no tema de "  Auga na terra" as distintas partes dun río e , en colaboración con plástica, realizaron estes fantásticos traballos.