24/11/18

OS BURACOS

Durante este curso estamos traballando o P.D.I (Proxecto Documental Integrado) coa temática:

  OS BURACOS

Este termo é entendido como un amplo concepto de diferentes elementos como son os buracos naturais, os buracos feitos polo home, os buracos dos animais e das plantas, chegando á filosofía dos buracos, así como os buracos ordinarios e extraordinarios.



A nosa BIBLIOTECA convertirase nun  
“espazo cheo de buracos interesantes e extraordinarios por descubrir”

22/11/18

NOVIDADES DE NOVEMBRO

Xa están aquí as novidades do mes de novembro! Pásate pola Biblio para coñecelas!


14/11/18

50 ANIVERSARIO DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

Polo 50 aniversario das Bibliotecas de Redondela, os alumn@s de 3º e 4º curso deleitáronse coa actuación do grupo "TROPA DE TRAPO". A actividade tivo lugar no auditorio do Piñeiral do Crego da parroquia, e celebrouse o 17 de outubro, data sinalada pola ONU como o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A actuación levou á reflexión e debate sobre esta temática dun mundo globalizado e inxustamente repartido.


11/11/18

LECTURAS TERRORÍFICAS

Polo Samaín e Halloween tivemos unhas recomendacións lectoras que meteron medo, ademais, desfrutamos duns contacontos en inglés da nosa auxiliar de conversa, Edel.



31/10/18

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

SE AVENTURAS MARABILLOSAS QUERES VIVIR…DENTRO DO BURACO DEBERASTE INTRODUCIR! 

Levamos unhas semanas con moitas intrigas no noso cole. Recibimos unha mensaxe da nosa mascota, a Caracola Tola e puxémonos a investigar …




Tras moitas pistas non nos podíamos nin imaxinar a sorpresa que tivemos o día 24 de outubro…A Inauguración da nosa Biblioteca Escolar cun contacontos do libro “Alicia no país das marabillas”. Metímonos nun buraco para escoitar e ver a maxia da historia de Alicia...





 BENVIDOS AO NOVO CURSO 2018/2019!!!

3/6/18

BOLETÍN DA CARACOLA TOLA 2018

No boletín deste curso, presentámosvos algunha da bibliografía empregada no proxecto.

Boletin Biblio by ceipalexandreboveda on Scribd

21/5/18

E.. Chegaron e vivimos os Titeres no Festival Internacional de Títeres de Redondela

Vivencia na que participamos tod@s @s alumn@s ...

CORRENDO POLO GALEGO : SINTO O LATEXO DA LINGUA

O venres 18 de Maio corrimos, todos os coles públicos máis o instituto, a XXII Maratón do Día das Letras Galegas.Unha carreira infantil-xuvenil coa que sempre podemos disfrutar xuntos os nenos e nenas de Chapela.

15/5/18

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, o Día das Letras Galegas está adicado a escritora e académica Mª Victoria Moreno. Esta é a súa biografía. Gozade da súa lectura en familia ...




O MAIO

O Mércores 9 de Maio conmemoramos, en Angorén, a chegada da primavera cantando o maio. Entre propostas, críticas e saudos ... coas que compuxemos as nosas coplas, para depois cántalas para todos, o pasamos moi ben.

3/5/18

LENDO AO SOL

Nestes días tan fermosos que nos acompañaron a semán pasada aproveitamos as sesións de biblioteca para facer "lectura ao sol". Uuummm!!! que ben se estaba.

DESCUBRINDO UNS LIBROS MOI ESPECIAIS.

Este ano na "semán do libro" traballamos cuns libros increibles... eles mem@s volo contan... Porque este curso limos "Libros de Realidade Virtual e Aumentada", deste xeito :

SEMÁN DO LIBRO

O 23 de Abril foi o "Día Internacional do Libro", día que conmemoramos no centro cunha fermosa exposición "Libros Dentro de Libros". Neste recanto, creado polo noso profesorado non só se expuseron libros senon que se realizaron lectura e...


o alumnado describiu "Cunha soa VERBA" "que é un libro para min"

SEXAMOS NOS MESMAS

As alumnas de 6º de Primaria convidan a todas as mulleres a facerse valer sendo elas mesmas. Esta reivindicación a levaron a cabo cun baile durante os noso recreos musicais e para que gocedes tan fermosa actuación equi a tedes, acompañada da correspondente entrevista para entender ben o seu significado. Un aplauso!!!

17/4/18

TIOMARCOS. O XORNAL ELABORADO POL@S NOS@S ALUMN@S

UN XORNAL DIVERTIDO ...

POEMANDO AS NOSAS BELEZAS. FOTOPOEMAS.

@s alumn@s realizamos, para o Día da Poesía, FOTOPOEMAS, convertendo os diferentes recantos da nosa parroquia e concello en poesías. Eiquí volas deixamos...

DIA DA MULLER : AS MULLERES NA HISTORIA. MULLERES CON HISTORIA.

Este curso vinculamos os temas tratados no Día da Muller ( 8 de Marzo ), Mulleres Na Historia/ Mulleres con Historía, e o Día da Poesía, xa que fixemos un percorrido en autobús por Galicia, a través da poesía.

14/3/18

RECREOS MUSICAIS

Neste tempo de ocio, o noso alumnado, de vez en cando, nos amosa as súas virtudes musicais. Nesta ocasión, Iván e Gabriel (de 6º) e Martín (de 4º) interpretaron as pezas que vos deixamos a continuación para que as gocedes.

26/2/18

ABRIDEAFIESTRA

Este curso celebramos a Conmemoración do día de Rosalía de Castro, abrindo as fiestras despois de convertilas nun mural de versos e ilustracións dos mesmos, empregando como base as temáticas que abrangue o libro "Cantares Gallegos". Este foi o resultado. Esperamos que vos guste.

14/2/18

E ... ASÍ REMATAMOS O ENTROIDO!!!

@s alumn@s de Angorén rematamos o entroido bailando o son de diferentes músicas, cada unha delas escoitada por unha tribo urbana diferente. Mais seguindo as ordes do Meco coñecimos outras que nos fixeron disfrutar ao longo da semá de entroido, sendo este o resultado.
AI ESTAMOS TODOS ..
.

6/2/18

OS LIBROS E O ENTROIDO

Hola Familias !!!
Queremos amosarvos o libro do que @s alumn@s de Angorén sacamos as ideas para disfrazarnos este curso no entroido. Descubrimos que nunha mesma cidade, aldea poden vivir xuntos moitos grupos diferentes en canto a gustos musicais, estilo, ... Chulisiiimooo !



4/2/18

LOGO CHEGA ... O ENTROIDO

Xa chega o Entroido. Para divertirnos, comezamos coas ORDES do MECO :  A DIVERTIIRSEEE ...

1/2/18

RECREOS MUSICAIS NA BIBLIOTECA

Volven os nosos recreos musicais. Neste caso música, lectura, baile e video relacionado coa paz. Creado por Mikkias, Anxo e Pedro.

PEQUENOS/GRANDES XESTOS POLA PAZ

O día 30 de Xaneiro conmemoramos no centro o " Día pola Paz", un recordatorio de que con un pouco de esforzo e todos xuntos podemos acadar esa desexada paz, que debe comezar cunha convivencia pacífica na nosa localidade e ir superando obstáculos ata chegar a todos.
O longo das semás previas fomos comprobando que moitos descoñecidos, imitando a grandes exemplos mundiais, foron quen de loitar por pequenos obxectivos que fixeron que a súa xente, na familia, no barrio, na parroquia ou nunha nación conseguirán esa convivencia pacífica. 
Agora queremos presentárvolos a vós, xa que cada nivel do centro, realizou un estudo e un pequeno traballo sobre estos descoñecidos. Eiqui volo deixo. Espero que gocedes moito compartindo un momento de " pequena sabiduría" cos vos@s fill@s.

29/1/18

PEQUENOS-GRANDES XESTOS POLA PAZ

@s alumn@s de Angoren estudamos, ao longo da semá pasada e desta, os pequenos grandes xestos que fixeron diferentes persoas, por todo o mundo. Algúns deles chegaron a ser os Modelos mundiais pola paz pero  foron outros foron quen de manifestarse pacificamente ata acadar os seus obxectivos, inda que son pouco ou nada coñecidos.


O alumnado de 6º, traballando con Cris os xestos pola paz.



















  O alumnado de 2º, explicando a Revolución dos Caraveis

17/1/18

REVOLUCIÓNS PACIFICAS : PEQUENOS-GRANDES XESTOS POLA PAZ ( 1ª Parte )

Entre as conmemoracións a celebrar este trimestre, a primeira é o día Da Paz, o 30 de Xaneiro. Este curso imos a estudar os pequenos-grandes xestos cos que diferentes persoas defenderon pacificamente as súas ideas.
Algúns xestos :

DAR LUZ





                                                         




                                                                                            REGALAR UNHA FLOR



  LIBROS EMPREGADOS :

8/1/18

CONTACONTOS

Vos deixamos un pequeno video de imaxes da actividade do Contacontos do primeiro trimestre.