26/2/13

REUNIÓN DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE REDONDELA

ESTE MARTES, AS BIBLIOTECAS DE REDONDELA ESTIVEMOS REUNIDAS NO COLEXIO DE IGREXA PARA TRATAR DIFERENTES TEMAS DE COORDINACIÓN INTERCENTROS COMO A BANDA DESEÑADA CONXUNTA QUE PREPARAMOS, AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN, ... COMO NOS LEMBRAMOS DE FACER A FOTO AO FINAL, FALTA BASTANTE XENTE.

CONTACONTOS

DESDE HAI UNHA SEMANA O ALUMNADO DE 6º ESTÁ CONTANDO CONTOS AO ALUMNADO DE E. INFANTIL E 1º CURSO.




20/2/13

INTERESANTÍSIMA ACHEGA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Chegounos este magnífico traballo de Olga e Charo que pertencen ao PLAMBE e que queremos difundir ao máximo porque realmente paga a pena.

http://portal.sliderocket.com/BMAYX/No-Right-Brain-Left-Behind

RECURSOS EN VERDE SOBRE ROSALÍA

19/2/13

RECITANDO A ROSALIA

AQUÍ TEMOS A MOSTRA DA NOSA APORTACIÓN AO RECITADO COLECTIVO PARA HOMENAXEAR O ANIVERSARIO DE "CANTARES GALLEGOS " DE ROSALÍA DE CASTRO EN COLABORACIÓN COA AELG.

ROSALIA EN VERDE

14/2/13

San Valentín, a horta e o galego

O departamento de Dinamización Lingüística están a celebrar o San Valentín cunha actividade moi, moi sabrosa:





Versión orixinal no Multiusos de Chapela

Este Domingo 17, ás 19:30 h. o Multiusos de Chapela proxecta cinema de animación, dentro do ciclo de cinema galego "Versión orixinal" que se está a desenvolver no Concello de Redondela durante este mes.
Trátase do filme "O Apóstolo", unha película de Fernando Cortizo, nomeada ao premio de Mellor Película de Animación nos Premios Goya. https://www.edu.xunta.es/webmail/dimp/message.php?folder=INBOX&uid=12800

A actividade está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e pola Concellería de Cultura. O prezo das entradas é de 3 €, e poderán mercarse nos Multiusos de Redondela e mais de Chapela.

Para máis información sobre a actividade, podedes ver aquí:

https://www.edu.xunta.es/webmail/dimp/message.php?folder=INBOX&uid=12800