27/9/12

DEVORANDO LIBROS

O noso proxecto deste ano ten moito que ver coa comida xa que nos centraremos na horta, por eso comezamos o curso devorando libros. Tomamos a inspiración do marabilloso libro " O incrible neno devorador de libros" de Oliver Jeffers e publicado por Patasdepeixe.Admais deixamos un enlace para poder lelo doutra maneira.
http://www.youtube.com/watch?v=yPmZUP2Onlg


19/9/12

SEMPRE ESTÁ BEN ANIMARSE

Este curso para animarnos púxemos estas reflexións a xeito de carteis nos WC da escola.
Sempre está ben animarse.

18/9/12

RECOMENDACIÓNS LECTORAS




Recomendacións lectoras para as primeiras semanas.

11/9/12

Benvida¡

Damos a benvida a toda a comunidade escolar nesta nova andaina con este texto que recolle amplamente a nosa idea do traballo sobre o horto escolar. Descoñecemos a autoría pero  identificámonos co sentir:

Igual que nunha horta, se queremos ter froitos, temos que sementar antes, se queremos unha sociedade sen violencia teremos que sementar os tomates da autoestima, as acelgas do respecto, os pementos da diversidade, o millo da tolerancia, as patacas da corresponsabilidade, as cenouras da coeducación, as castañas da paridade, os allos dunha sexualidade sen tabúes, as landras das solidariedade, os repolos da xustiza, as ervillas da equidade...Pero sabemos, que non só é necesario sementar. Día a día, hai que ir sacando as malas herbas: o menosprecio, a prepotencia, a misoxinia, a intolerancia..."