31/1/22

FORMACIÓN DE USUARIOS/AS

 Na biblioteca da Caracola Tola comezamos coa formación de usuarios e usuarias, fundamental para un correcto funcionamento da mesma, manter a orde e fomentar a autonomía dos nosos nenos e nenas.


Esta formación tamén e validad para as mestras e mestres fomentando un traballo colaborativo, no coidado da biblioteca en todo o persoal do centro. 


Aquí podedes ver algúns dos carteis que dende xa están postos nas paredes da biblioteca.

Esperamos que vos guste e que lle demos un bo uso! 







25/1/22

"A CARACOLATOLA PREGUNTA"

 No mes de xaneiro comezamos cunha nova sección na Biblio:

 A Caracolatola pregunta!  


No panel da biblioteca irédesvos atopando misteriosas preguntas que teredes que investigar e meter a resposta no buzón.

E os/as que acerten levarán un premio!!

Atentos/as á radio do cole que avisará cada quincena das novas preguntas e dos gañadores/as de cada unha.

Decembro na Biblioteca Caracolatola

 Decembro é un mes máxico e dende a biblioteca Caracolatola propuxemos diferentes actividades para o alumnado.

 
"Mercadillo solidario"
 

 
Durante este mes, levouse a cabo no centro un mercadillo solidario que consistiu en intercambiar alimentos non perecedeiros (pasta, arroz, galletas...), por libros purgados da nosa biblioteca e así fomentar tamén o gusto pola lectura. Recaudamos 217 kilos que donamos ao Banco de alimentos de Vigo.
 
Destacar que foi todo un éxito grazas á participación de toda a comunidade educativa.
 


 
"Calendario de inverno"
 
En decembro tamén desenvolvemos unha actividade relacionada co calendario de Advento.
 
Na biblioteca colocamos un calendario xigante con sorpresas para cada día. Para poder conseguir este agasallo tiñan que superar un reto cada curso.
A recompensa de cada día era un libro novo para a biblioteca relacionado con esta temática. 
 


Despedimos o trimestre a través da RADIO para que todo o alumnado escoitara unhas palabras de todos/as os compañeiros e compañeiras do centro.