20/12/19

AGASALLA EN GALEGO


Bos días!

Xa  temos unha nova edición do "Agasalla galego"  porque sempre é un bo momento para regalar cultura e nestas festas un chiquiño máis... ;)

Recomendamos algunhas das novidades de música galega para adultos como: Guadi Galego (Inmersión), Tanxugueiras (Contrapunto), A banda da loba (Fábrica de luz), M.J. Pérez (Casandra)...


- O veleiro verde: A familia María Fumaça inicia unha nova viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións para compartir de xeito inclusivo. O noso capitán Ruí vai medrando, e con el a nosa ollada do mundo e da música: integradora, variada e intercultural.
Libro- cd (música)

- A nena e o grilo mais aló:  Pódense cazar as estrelas fugaces? Aos esqueletos préstalles bailar? Ti que cres? Atrévete a descubrilo nesta nova aventur de A nena e o grilo máis aló. Desta volta, entre medos e risas, o teatro musical mergúllanos na maxia da fantasía.
Libro- cd (música)

- A casa do terror: A casa do terror ten a porta aberta para ti!. Está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta aventura. Un libro-cd para gañar e facer uns amigos de medo!!
Libro- cd (música)

- Bravas. O rexurdir da luz! (Libro- cd): A infame dona Trona é feliz se ti estás triste, ou tes medo, ou te anoxas... poderán as Bravas derrotala e traer o rexurdir da da luz ao mundo? A Gramola Gominola conta a ritmo rock and roll como enfrontarse ao abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Mulleres bravas que inspiran e dan luz ao mundo!
Libro- cd (música)

- A fraga do meu avó: A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala. Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e todas para que os nenos e nenas sigan gozando de espazos de vida como este. Espazos que tan ben coidaron os noso avós. 
Libro- cd (música)

- Ola! Son un bicho bóla: Ola! Son un bicho bóla! É un libro para prelector*s e primeir*s lector*s, para explorar a soas ou ler xunt*s. Un libro para rir e descubrir as habilidades dos bichos bóla que viven ao redor do mundo.
Pre- lectores (Infantil)

- Atópame no mar: Quen está detrás das algas? Coñece os animais que viven no mar deplegando solapas. Pertence a unha colección de libros baseados en escenarios naturais que descobren o mundo animal aos máis pequenos a través de preguntas, coridas ilustracións e sorprendentes solapas. 
Pre- lectores (Infantil)

O acuario : Era unha vez un acuario e os seus habitantes, todos iguais, todos distintos. Un mundo pequeno, mais con problemas, onde transcorre esta historia sinxela e ben escrita sobre diferenzas, prexuízos, axuda. Un conto ilustrado e de éxito moi coñecido entre os máis novos. 
Primeiros lectores 

- As aloucadas historias dos Monkis: Ir de vacacións, conseguir algúns libros ou tocar o piano poden chegar a se converter nun auténtico pesadelo para a familia Monki. As súas aloucadas ideas farán que Musa, a súa mellor amiga, lles faga aprender a pensar e a resolver os seus propios problemas.
Primeiros lectores 


- O can de Milú: O amor polos animais, a amizade incondicional ante as adversidades e, sobre todo, a liberdade son as cualidades sobresaíntes na obra distinguida co XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. «O can de Milu», de Mariann Máray, é a historia dunha nena e da súa peculiar mascota, que se converte no seu gran compañeiro de xogos e de diversión. O intenso e abundante colorido das ilustracións transpórtanos dende o bosque á cidade, pasando polo fogar, coa natureza como destino e espazo de reflexión e de liberdade. Son imaxes cheas de detalles, cercanas á estética naíf e ao mundo da infancia, que xogan de xeito audaz cos contrastes cromáticos.
Lectores autónomos

- As pitas baixo a choiva: As pitas baixo a choiva é un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos. Publicado na revista Lar en 1952, a presente edición é a primeira desta obra de Carvalho Calero en formato de libro.
Lectores autónomos



- A que cheiran as cores. A esperada guía para coñecer o cerebro: Es quen de mover cousas coa mente? A que sabe a cor azul?Pareceríanos normal escoitar estas preguntas nunha conversa entre HarryPotter e os seus colegas. Mais Juan Casto Rivadulla Fernnández nunca estivo en Hogwarts. É un neurocientífico galego que responde estas cuestións tan disparatadas mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro.
Lectores expertos

- Os ecos do lume :Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas. Aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do dano que lle fan os humanos á Terra, e por que son odiados naquel mundo subterráneo. Enfrontarase ao Gardián da luz ancestral e resolverá o secreto misterio dos ecos do lume.
Lectores expertos

- Os nosos bosques: Libro cartoné gran formato con 5 ilustracións en acuarela nas que resaltamos 10 especies de cada un dos ecosistemas nomeados.En “Os nosos bosques” as fermosas ilustraciónsamósannos  a riqueza de vida que agochan os diversos bosques galegos, invitándonos a esculcalas  e  coñecermos as fragas atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo territorio… para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país.
Lectores adultos


Esperamos que disfrutedes das lecturas e das vacacións... boas festas!