30/1/17

A VIAXE DE MUNA

Dentro do traballo sobre @s refuxiados que fixemos polo día da Paz adaptamos esta canción do cd/libro "Rolf and Flor en Londres" de the Pinker Tones.

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ CON TANXARINA

Hoxe o  alumnado de Primaria estivemos no multiusos de Chapela con Tanxarina, que representaban a súa obra "As bombas e o xeneral" espectáculo onde recrean con siluetas animadas, música e actores a historia dun Xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas. Unha gran espectáculo!!!!!

TANXARINA


27/1/17

CONTACONTOS

Un ano máis o alumnado de sexto de Primaria preparou uns contacontos para a Hora de Ler dos venres. Animando a lectura os pequenos da escola!!!

26/1/17

DESEÑANDO PLANOS

Esta semana na aula de informática estivemos deseñando planos.


DESEÑANDO AULAS

O alumnado de 5º e 6º estiveron deseñando as súas aulas ideais. Aquí está a súa distribución do espazo.



24/1/17

@S PERFECT@S ARQUITECT@S

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de primaria participamos na actividade da Afundación @s perfect@s arquitect@s, aquí vos deixamos as fotos.


EXPOSICIÓN LIBROS SOBRE O DÍA DA PAZ

Na entrada da nosa biblioteca, xa temos montada a exposición de libros relacionados con dito tema para que tod@s podamos remexer.



AS PROPOSTAS PARA O DÍA DA PAZ

20/1/17

APRENDENDO XUNTOS

Xa hai uns meses que o alumnado de 6º acompañou ao alumnado de 1º para poñelos o día do funcionamento da biblioteca en Primaria e explicarlles todo o que se pode facer para disfrutar deste espacio. Unha sesión moi enriquecedora para todos!!!

MOITA MÚSICA NA BIBLIOTECA

Dende a inaguración ata o concerto de despedida para rematar o ano a música sempre nos acompaña na biblioteca. Un aplauso moi grande para os/as nosos/as artistas!!!