26/1/10

SOÑOS NA GAIOLA

Dentro do itinerario lector de 6º curso estamos a ler "Os soños na gaiola" de Manuel María. Como se achega o Día da Paz imos meter nunha gaiola todo aquelo que desexamos anular. Nos comentarios están as respostas.

24/1/10

MÁIS SOBRE A PAZ

Para os que o adiviñaron, parabéns!!! para os que non, o home do que falabamos era Mahatma Gandhi, para algúns o home máis grande do siglo XX. Deixámosvos este outro video por se vos apetece saber máis. De fondo soa IMAGINE de John Lenon.

18/1/10

PROPOSTAS PARA O DÍA DA PAZ

Dende a Biblioteca da Caracola Tola queremos proporvos dous libros diferentes para celebrar o Día da Paz: "Vamos a cambiar el mundo": "Pequenas accións x Moita xente= grandes cambios".
"Avión que va, avión que llega". Propoñémosvos encher o ceo do día 30 con moitos avións de papel, e en cada avión unha poesía, conseguiremos achegar a PAZ a todo o mundo coa lectura das nosas poesías?

12/1/10

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ, pero... sabedes por qué???
Este video daravos algunha pista. A ver se o descubrides antes de que vos deamos a solución.