31/10/17

CAMBIOS E REVOLUCIÓNS.

Inda que xa pasou un anaco de tempo dende que iniciamos o curso, non estivemos quedos así que imosvos a presentar o que fixemos.
Como todos os cursos previos, en maio e xuño, elaboramos e presentamos o noso P.D.I para este curso 2017-2018 que eiqui vos imos deixar, para que lle botedes unha ollada e vos vaides informando.

OBRA DE TEATRO : O VALO

" O Valo" é unha obra de teatro, escrita por Carlos Labraña e publicada pola Biblioteca Dramática Galega, premio  Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, escrita en homenaxe a todas as víctimas das guerras, obrigadas a abandonar a súa terra na procura de refuxio. Como Marwan, un meniño de apenas catro anos que coa súa familia cruzou o deserto fuxindo da contenda siria. El salvouse pero outr@s nen@s non tiveron tanta sorte ...
Según o autor, esta obra foi escrita para que as súas historias non caian no esquecemento e constitúan o xerme da loita contra os valos, aramados, muros e fronteiras que dividen o mundo.
O 20 de Setembro, foi representada pola compañía " PALLASOS EN REBELDÍA" no Multiusos de Chapela, no " Piñeiral do Crego". Función na que participamos xunto cos outros coles de chapela.
Estivo moi ben. Un aplauso polo autor, a obra e a compañía.

GUSTOUNOS MOITISIIIMMMOOO!!!

23/10/17

24 DE OUTUBRO : DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Un ano mais volvemos a abrir o noso bloc nesta data tan significativa. Pouco a pouco vos iremos contando que fixemos e que faremos para desenvolver neste curso os nosos proxectos.
Un ano mais BICOS MOLLADOS para tod@s e BENVID@S.