29/3/11

BOLETIN Nº 8

boletin MARZO 2011

A nosas recomendacións lectoras para disfrutar nas próximas vacacións.

Actividades ante a visita de Neira Cruz

21/3/11

HAIKUS, MICROPOEMAS...





















Compoñendo haikus e micropoemas, lendo poemas na bibliotecas, así festexamos o Día da Poesía. Gozamos decorando a a nosa chapa ( grazas á ANPA que nos emprestou a máquina) e levándoa na lapela.






HAIKUS E MICROPOEMAS

20/3/11

POESÍA NA LAPELA

Para festexar o Día Mundial da Poesía quixemos facer unha pequena homenaxe ao pobo xaponés, estudando os HAIKUS en 4º, 5º e 6º. Logo compuxemos outros que xa iremos mostrando; nos demais cursos dedicáronse aos MICROPOEMAS.

Ao final, coa axuda dunha maquiniña que nos emprestou a ANPA, imos poñer o noso haiku ou micropoemas nunhas chapas; deste xeito todo alumnado levará ese día o seu POEMA NA LAPELA

15/3/11

VISITA DE X.A. NEIRA CRUZ

Na escola estamos esperando con moita ilusión a visita de X.A. Neira Cruz o día 31 de marzo. Temos varias actividades preparadas que iremos mostrando pouco a pouco. Polo de agora vai unha mostra da súa bibliografía .

11/3/11

MULLERES CIENTÍFICAS

A RECOMENDACIÓN LECTORA DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA


A pequena Curie era a bomba: aprendeu soa a ler, sabía patinar sobre xeo, falaba cinco idiomas e ademais era ben guapa. O normal é que de maior xa non quedase moito por descubrir.... pero non fixera máis que empezar: a súa enerxía atómica non se detería até resolver un dos misterios científicos máis desconcertantes e perigosos de todos os tempos.