20/12/19

AGASALLA EN GALEGO


Bos días!

Xa  temos unha nova edición do "Agasalla galego"  porque sempre é un bo momento para regalar cultura e nestas festas un chiquiño máis... ;)

Recomendamos algunhas das novidades de música galega para adultos como: Guadi Galego (Inmersión), Tanxugueiras (Contrapunto), A banda da loba (Fábrica de luz), M.J. Pérez (Casandra)...


- O veleiro verde: A familia María Fumaça inicia unha nova viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións para compartir de xeito inclusivo. O noso capitán Ruí vai medrando, e con el a nosa ollada do mundo e da música: integradora, variada e intercultural.
Libro- cd (música)

- A nena e o grilo mais aló:  Pódense cazar as estrelas fugaces? Aos esqueletos préstalles bailar? Ti que cres? Atrévete a descubrilo nesta nova aventur de A nena e o grilo máis aló. Desta volta, entre medos e risas, o teatro musical mergúllanos na maxia da fantasía.
Libro- cd (música)

- A casa do terror: A casa do terror ten a porta aberta para ti!. Está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta aventura. Un libro-cd para gañar e facer uns amigos de medo!!
Libro- cd (música)

- Bravas. O rexurdir da luz! (Libro- cd): A infame dona Trona é feliz se ti estás triste, ou tes medo, ou te anoxas... poderán as Bravas derrotala e traer o rexurdir da da luz ao mundo? A Gramola Gominola conta a ritmo rock and roll como enfrontarse ao abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Mulleres bravas que inspiran e dan luz ao mundo!
Libro- cd (música)

- A fraga do meu avó: A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala. Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e todas para que os nenos e nenas sigan gozando de espazos de vida como este. Espazos que tan ben coidaron os noso avós. 
Libro- cd (música)

- Ola! Son un bicho bóla: Ola! Son un bicho bóla! É un libro para prelector*s e primeir*s lector*s, para explorar a soas ou ler xunt*s. Un libro para rir e descubrir as habilidades dos bichos bóla que viven ao redor do mundo.
Pre- lectores (Infantil)

- Atópame no mar: Quen está detrás das algas? Coñece os animais que viven no mar deplegando solapas. Pertence a unha colección de libros baseados en escenarios naturais que descobren o mundo animal aos máis pequenos a través de preguntas, coridas ilustracións e sorprendentes solapas. 
Pre- lectores (Infantil)

O acuario : Era unha vez un acuario e os seus habitantes, todos iguais, todos distintos. Un mundo pequeno, mais con problemas, onde transcorre esta historia sinxela e ben escrita sobre diferenzas, prexuízos, axuda. Un conto ilustrado e de éxito moi coñecido entre os máis novos. 
Primeiros lectores 

- As aloucadas historias dos Monkis: Ir de vacacións, conseguir algúns libros ou tocar o piano poden chegar a se converter nun auténtico pesadelo para a familia Monki. As súas aloucadas ideas farán que Musa, a súa mellor amiga, lles faga aprender a pensar e a resolver os seus propios problemas.
Primeiros lectores 


- O can de Milú: O amor polos animais, a amizade incondicional ante as adversidades e, sobre todo, a liberdade son as cualidades sobresaíntes na obra distinguida co XII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. «O can de Milu», de Mariann Máray, é a historia dunha nena e da súa peculiar mascota, que se converte no seu gran compañeiro de xogos e de diversión. O intenso e abundante colorido das ilustracións transpórtanos dende o bosque á cidade, pasando polo fogar, coa natureza como destino e espazo de reflexión e de liberdade. Son imaxes cheas de detalles, cercanas á estética naíf e ao mundo da infancia, que xogan de xeito audaz cos contrastes cromáticos.
Lectores autónomos

- As pitas baixo a choiva: As pitas baixo a choiva é un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos. Publicado na revista Lar en 1952, a presente edición é a primeira desta obra de Carvalho Calero en formato de libro.
Lectores autónomos



- A que cheiran as cores. A esperada guía para coñecer o cerebro: Es quen de mover cousas coa mente? A que sabe a cor azul?Pareceríanos normal escoitar estas preguntas nunha conversa entre HarryPotter e os seus colegas. Mais Juan Casto Rivadulla Fernnández nunca estivo en Hogwarts. É un neurocientífico galego que responde estas cuestións tan disparatadas mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro.
Lectores expertos

- Os ecos do lume :Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas. Aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do dano que lle fan os humanos á Terra, e por que son odiados naquel mundo subterráneo. Enfrontarase ao Gardián da luz ancestral e resolverá o secreto misterio dos ecos do lume.
Lectores expertos

- Os nosos bosques: Libro cartoné gran formato con 5 ilustracións en acuarela nas que resaltamos 10 especies de cada un dos ecosistemas nomeados.En “Os nosos bosques” as fermosas ilustraciónsamósannos  a riqueza de vida que agochan os diversos bosques galegos, invitándonos a esculcalas  e  coñecermos as fragas atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo territorio… para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país.
Lectores adultos


Esperamos que disfrutedes das lecturas e das vacacións... boas festas!

29/10/19

BENVIDA: DÍA DAS BIBLIOTECAS!


Boas lectoras e lectores!

Xa estamos nun novo curso escolar e, como xa sabedes, o noso proxecto trata un tema tan fermoso e interesante como é  O MAR

Con tanta inspiración mariña a nosa Caracola Tola decidiu reformar completamente a biblioteca e, por iso de momento, non está funcionando con normalidade... tranquil@s, veredes como a espera ben merecerá a pena. 

Pese a isto, a Caracola Tola non deixa de traballar e segue propoñendo actividades que fomenten a lectura ás nenas e nenos deste colexio.

Así o pasado  24 de outubro, polo "Día das bibliotecas" a Caracola Tola púxose en contacto con cada clase enviándolles unha mensaxe nunha botella, un agasallo para cada biblioteca de aula e (como non) a tradicional mochila viaxeira... todo moi mariño! como podedes apreciar nas seguintes fotos:

Saúdos con recendo do mar da vosa Caracola!!

19/6/19

AGASALLOS E DESPEDIDA

O pasado venres tivemos a despedida da nosa Biblioteca Caracola Tola. Os axudantes de 5º e 6º de EP recibiron uns fermosos agasallos pola súa colaboración en todo o curso.



Ademais, os gañadores do último concurso de Adivi-Patio e os participantes do Recreo Musical de Buracos tamén recibiron o seu merecido recoñecemento. Unha xornada de lembranzas nas que destacamos todo un curso de aprendizaxe e bos ratos na nosa fragua de libros.

A Caracola Tola despídese  e espéravos o vindeiro curso con moitas sorpresas e algún cambio na nosa Biblio...

Que pasará?????



17/6/19

XABIER DOCAMPO

A pasada semana estivemos traballando a obra de Xabier Docampo. Para rendirlle homenaxe a este autor o fixemos de maneira conxunta os coles de Chapela. Gran autor cunha ampla obra que expusemos no noso expositor das Conmemoracións. 



A clase de 4º de EP traballando a obra de Xabier Docampo:


Adapatación musical do conto "De cores e de amores" feita na última clase de música de 2º de E.P. Música composta por Susa Herrera e adaptación da profe Ángela:




12/6/19

NOVIDADES XUÑO

Xa levan 12 días as Novidades de Xuño na nosa Biblioteca!Aínda tes uns días máis para velas!
Pásate pola Biblio de Caracola Tola!!


2/6/19

ROSAURA E O MAR

Durante o mes de maio estivemos traballando, tanto en Infantil coma nos cursos de 1º a 4º de Primaria, o libro Rosaura e o mar, da autora Isabel Blanco. Un libro sobre os oficios do mar, con historias salgadas nas que Rosaura é mariñeira, percebeira, pescadeira, redeira...Uns versos nos que nos traslada ao mundo do mar e no que aprendimos moito vocabulario e multitud de curiosidades que conta a protagonista. 

Cada clase elaborou unha caixa cunha profesión de Rosaura, e a profe Lucía fixo unha lonxa con cangrexos, mexillóns, polbos e sardiñas. Con todo,  fixemos un mural enorme no que colaborou "Jara" cos seus aparellos de mariscadora: angazo, raspín, neopreno, as medidas para coller ameixas (fina e xapónica), sacho, escarpines...  

O pasado venres tivemos a gran sorte de contar coa visita das dúas protagonistas desta historia do mar: a escritora Isabel Blanco e Jara que achegounos a súa amada profesión de mariscadora. Foron dúas sesións para 1º, 2º 3º e 4º de Primaria nas que aprendimos, entre outras cousas, con Jara: os utensilios necesarios para poder mariscar e o seu uso (cinto, sacho, raspín, cesto, angazo, tinón...), os tipos de cunchas das ameixas, as medidas para collelas, a limpeza de algas que fan as mariscadoras para que as ameixas"respiren" e crezan, as festas gastronómicas...Un traballo de auténticas guerreiras!

Isabel contounos cómo comezou a escribir para nenos, as Rosauras que hai : "Rosaura cociñeira", "Rosaura e o mar" e "Rosaura cesteira de Mondariz". Os rapaces queren máis Rosauras e teñen moitas ideas: Rosaura..científica, gandeira, a través do tempo, deportista, xardineira, escritora, aventureira....

Grazas Isabel e Jara por compartir a vosa paixón e vosas profesións! Esperámosvos na biblio da Caracola Tola. 
Bicos de sal!


Aquí está o vídeo de ROSAURA E O MAR:



23/5/19

ENQUISAS BIBLIOTECA

Xa estamos rematando o curso e queremos saber a vosa opinión sobre a nosa Biblioteca. Queremos mellorar e facer da Biblioteca Caracola Tola un lugar de unión e convivencia de toda a Comunidade Educativa.

Lembrade que o prazo remata o venres 31 de maio.
Precimos da vosa axuda completando a seguinte enquisa para as FAMILIAS:




É moi importante a opinión do alumnado,  e Caracola Tola tamén ten unha enquisa para vós. A faredes na clase cos profes.
Completade a seguinte enquisa para os ALUMN@S:





Moitas grazas a tod@s!!


14/5/19

CONTACONTOS DE CELTIA FIGUEIRAS

O pasado venres o alumnado de Infantil e 1º de Educación Primaria desfrutaron dun contacontos realizado por Celtia Figueiras. 
A actividade estivo baseada no Audiolibro "Cantamos?" do que Celtia é autora dos textos e forma parte das voces dos audiocontos que contén esta fantástica obra.
Tratouse dun espectáculo de monicreques onde Rosi, que é unha gran fan da música e dos contos, participa nunha morea de historias que encantaron ao público do noso cole: "Os tres porquiños e o lobo que os quería comer", "O marqués de Carabás un gato con botas sen igual"...

Grazas ao Consorcio editorial Galego por esta actividade!!!





VÍDEO DO CONTACONTOS DE CELTIA FIGUEIRAS!


RECREO MUSICAL

Na Biblioteca de Caracola Tola pasámolo xenial!!!

A Caracola Tola encántalle a música e por iso fixemos un concerto no recreo a semana pasada. Desfrutamos de música en directo deleitándonos da música popular  e facendo da nosa Biblioteca unha gran festa.
A profe Merce tocou a gaita e dirixíu ao grupo: Nicolás co pandeiro cuadrado, Marta e África coa pandeireta, Xiana, Adriana e Annia tocaron as cunchas, Sheila o pandeiro e Sara o pandeiro a modo de bombo. Estiveron ensaiando nos recreos as cancións "Danza de Ribadavia" e "Muñeira de Chao".  Debido ao éxito polo ben que o fixeron, improvisaron dúas cancións máis: "Foliada de Amoeiro" e "Festa na Eira".



A continuación deleitonuos ao piano Lía. Tocou de marabilla e recibíu un forte aplauso e alabanzas do entregado público.



AQUÍ ESTÁ O VÍDEO DO RECREO MUSICAL:


7/5/19

ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Este ano conmemórase o día 17 de maio, Día das Letras Galegas,  ao autor ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS. 

Xa temos na Biblio o noso recuncho con libros e recursos con información sobre o autor:


Para saber aínda máis, investiga na rede nestes enlaces:

6/5/19

NOVIDADES MES DE MAIO

Xa temos as novidades deste mes de maio. Títulos tan alucinantes como: "El pequeño vampiro", "El valle de los dragones II", "Roald Dahl Los mimpins", "Quen é ese becho?", "Novo mundo", "Unha longa viaxe", "O Nicolasiño", "El capitán Gancho Pérez y los versos de Odas John"....
Pásate pola Biblio de Caracola Tola para velos!

3/5/19

CONTACONTOS

Onte tivemos unha actividade de contacontos realizada pola gran Sabela Gago. Primeiro tiveron os máis pequerrechos do cole, os nen@s de Infantil un conto, noutra sesión 1º, 2º e 3º de Primaria e por último 4º, 5º e 6º de Primaria. Pasámolo en grande, rimos moitísimo e gozamos das historias contadas.
Grazas Sabela por dar vida aos personaxes dos contos, compartir emocións e facer entre todos a Biblioteca viva. Grazas, tamén, á editorial Santillana por organizar esta actividade!
Esperámoste na Biblio de Caracola Tola,  Sabela! 
Ata a próxima!



Vídeo da actividade de Contacontos de Sabela Gago:





1/5/19

AGASALLO APADRIÑAMENTOS LECTORES

Para rematar a semana do Día do Libro que mellor forma que facendo un agasallo aos lectores do noso cole. 
O día de Apadriñamentos lectores os nenos que trouxeron un libro sobre o Proxecto, "Os Buracos", terían unha sorpresa. 









O venres pasado, tanto os padriños e madriñas, como os afillad@s recibiron un agasallo moi especial: 

Unha chapa da nosa mascota Caracola Tola.













Parabéns!!

 

24/4/19

BURACOS FEITOS POLO HOME

Durante o segundo trimestre estivemos investigando sobre os Buracos feitos polo home: minas, pozos, túneles, vivendas baixo terra e buracos segredos. Entre todos fixemos un mural enorme en forma de Plano de Metro, no que cada liña está adicada a un tema diferente.

Así de bonito quedou!


VÍDEO DO TRABALLO:



23/4/19

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe 23 de abril é o Día do Libro. 

Para celebrar este día tan especial fixemos unha actividade de lectura conxunta, compartindo mundos máxicos e personaxes variados. Os rapaces de 6º, 5º, 4º e 3º de Primaria convertíronse en padriños e madriñas dos máis cativos do cole lendo libros de diferentes temáticas. Os afillad@s deron un agasallo aos seus padriños e madriñas e escoitaron atentamente as historias lidas.

A Caracola Tola está moi contenta, escoitou as vosas lecturas e espera veros moi pronto pola Biblio. Parabéns!

Aquí está o vídeo de "Apadriñamentos Lectores"



11/4/19

CARA A CARA COA POESÍA

Para conmemorar o mes da poesía e o día da poesía (21 de marzo),  traballamos tres grandes escritores e poetas: Antonio García Teijeiro, Gloria Sánchez  (autores que visitaron o cole), e Rosalía de Castro. Cada clase recibíu un poema co que tivo que ordenar os versos coma un crebacabezas e comprobar se o fixeron ben buscando o cubo do autor correspondente. 
A actividade chamouse "Cara a cara coa poesía" xa que en cada cubo dos autores tiñamos a súa fotografía, a portada e a contraportada dun dos seus libros e un poema.

 Esta é a exposición conxunta do  traballo:





AQUÍ ESTÁ O VÍDEO DE "CARA A CARA COA POESÍA":




5/4/19

GLORIA SÁNCHEZ

O martes tivemos unha visita moi especial, a gran escritora de literatura infantil 
Gloria Sánchez. 
Mestra xubilada, comezou a escribir poesía para logo pasar ao teatro e a narrativa. 
Os alumn@s de 3º de Educación Primara leron o seu libro "Sí, poesía" no Itinerario Lector. 


Recibiron a Gloria cun poema cantado acompañado de música en directo coas pandeiretas,  actividade preparada por Ángela. Á autora gustoulle moito e desfrutamos todos desta marabillosa actuación.


Gloria contounos anaquiños da súa vida: cómo era de nena, a escola onde acudía, (que estaba dentro da horta da súa propia casa), cómo comezou a escribir, o seu gusto pola sonoridade das palabras e a súa experiencia con nenos como mestra de Logopedia.



Recitaron poemas os nen@s, recitounos Gloria, leron historias inventadas por eles, e desfrutamos xuntos da maxia das palabras. 
Gracias, Gloria, por compartir o teu tempo e experiencia con nós. 

Esperásmoste na Biblio de Caracola Tola! 



VÍDEO DA VISITA DE GLORIA SÁNCHEZ:





2/4/19

NOVIDADES DE ABRIL

Xa temos as novidades do mes de abril. Hai títulos como: "El pequeño vampiro", "Mortiña", "Cuando mamá llevaba trenzas", "Rosaura e o mar", "Señor aburrimiento", "Os recreos do Nicolasiño", "El valle de los Dragones"...
Pásate e mergúllate nos libros!


29/3/19

CAPTURA, PENSA E PRENSA

Durante a semana da prensa os alumn@s do cole convertíronse en pequenos periodistas, fotógrafos, escritores, editores e redactores. Fixéronse dúas actividades en cadea:

  • Unha actividade consistíu en que os nen@s de Infantil fixeron fotos artísticas por todo o cole e os de 1º escribiron o pe da foto. Os de 2º redactaron as noticias no xornal "Chapela´s News". 
  • A outra actividade consisitíu en escoller  fotografías de xornais os alumn@s de 3º e 4º, os de 5º escribiron os titulares e os de 6º redactaron as noticias. 

A continuación están as fotografías do mural conxunta da actividade:

"CAPTURA, PENSA E PRENSA"

Parabéns a tod@s polo traballo!






 

26/3/19

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Onte tivemos a visita do autor Antonio García Teijeiro

Deleitounos cos seus poemas e historias dos libros "Honorato, o rato namorado" e "Poemar o mar". Libros traballados nas aulas de 2º e 4º de Educación Primaria, respectivamente, no Itinerario Lector. Antonio foi premiado recentemente co "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" por "Poemar o mar".




Foi un verdadeiro luxo poder contar con él, desfrutar das súas rimas, palabras e experiencia. Contounos como se lle ocorreu o personaxe de Honorato, o seu primeiro contacto coa poesía, a súa paixón polo mar, o seu gusto pola música...Foi unha grata visita na que os rapaces poemaron con él e contaxiáronse dos versos, así, entre todos,  compartindo poesía.



Para recibilo, os alumn@s de 4º recitaron un poema acompañados por Roi, alumno de 5º, tocando o violonchelo, actividade preparada por Ángela. Os alum@s de 2º continuaron recitando un poema de Honorato. Para rematar, fixemos unha fotografía de grupo, e os rapaces de 4º ensináronlle un mural adicado á Serea poeta, do libro "Poemar o mar".


Esperámoste, Antonio, seguiremos poemando e mergullándonos na nosa fraga de libros de "Caracola Tola". Continuaremos polo tanto, navegando o ronsel dos nosos soños.
Parabéns e ata pronto!



Este é o vídeo duns anacos desta marabillosa visita: