31/10/12

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están en circulación as mochilas viaxeiras, este ano seguindo o Proxecto do Centro " O Horto Escolar", esperamos sementar unha boa semente.

Os noso hortos

30/10/12

VERDACEDARIO

PARA FESTEXAR O MAGOSTO E O SAMAÍN O ALUMNADO DE PRIMEIRO PREPAROU ESTE VERDACEDARIO

25/10/12

TRABALLANDO COA ANIMACIÓN



ESTES DÍAS ANDAMOS A FALAR MOITO DE LIBROS E DE BIBLIOTECAS; NADA MELLOR QUE VER ESTA MARABILLOSA CURTAMETRAXE SOBRE A MAXIA DOS LIBROS.

"Es un libro", de Lane Smith. Océano Travesía.

24/10/12

MÁIS ACONTECEMENTOS NO MES DAS BIBLIOTECAS

O alumnado de 6º preparou unha pequena dramatización sobre o libro:


e despois na biblioteca representámolo para o primeiro ciclo na HORA DE LER.
Nos seguintes días teremos como público a outras clases.









CELEBRANDO O DÍA COAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa empezaron a rular entre o alumnado de todas as aulas as mochilas viaxeiras deste curso. Había moita inquietude e nerviosismo por ver cal era o contido das mochilas.
Esperamos que sexa do voso agrado!

21/10/12

PRESENTACIÓN DE MARIA FUMAÇA

O sábado 20 foi a presentación en Vigo do disco-libro "MARÍA FUMAÇA".Había unha gran cantidade de amig@s da extensa familia de María Fumaça. 
Pasámolo xenial, cantando e bailando ao ritmo das divertidas cancións. Este disco sentímolo tamén un pouco noso e por iso e pola súa calidade queremos recomendalo con moito interés.




1º DÍA DA CARACOLA TOLA EN E. INFANTIL

O venres foi un gran día para o alumnado de E.Infantil de tres anos xa que asistiron por primeira vez á biblioteca da Caracola Tola. 
Aquí deixamos as imaxes de todos os cursos dese ciclo no seu día de empréstito.










MALETAS VIAXEIRAS DE POESÍA

Xa vai polo segundo ano que o CEFORE nos presta unha das súas  maletas de poesía que andan a viaxar  polas escolas.
Temos estes días unha exposición de diferentes libros de poesía e de música dentro da nosa conmemoración do mes das bibliotecas dos que podedes gozar.






2/10/12

RECOMENDACIÓN LECTORA


Buscando recursos para documentar o noso proxecto de centro, topamos con esta xoia que queremos recomendar.
" Mi primera guía sobre el huerto urbano"
Josep M. Vallés
Edt- La galera