27/4/12

DÍA DO LIBRO EN INFANTIL: LIBROS INTERACTIVOS


O alumnado de infantil, para conmemorar o DÍA DO LIBRO,  estivo a investigar novas formas de lectura a través das novas tecnoloxías;  os libros interactivos gustáronnos moito asi que despois fixemos algunhas actividades sobre eles.


26/4/12

ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO

O alumnado de 5º curso recibiu a visita de Silvestre Gómez Xurxo,  autor do libro que estamos lendo " Ti non xogas!". 
Aprendimos moitas cousas con él e tamén falamos do libro e dos protagonistas, da escola, da súa infancia, ...



Logo, firmou nos libro de visitas da nosa biblioteca e tamén houbo un tempo para firmar nos libros de lectura.

24/4/12

ENDEREZOS DE INTERÉS SOBRE MANUEL UHÍA

Preme sobre a ilustración do autor para acceder a site onde podes atopar os enlaces para realizar a investigación sobre a súa vida e obra.





ENDEREZOS DE INTERÉS SOBRE FINA CASALDERREY


O ALUMNADO DE 6º CURSO ESTÁ FACENDO UN TRABALLO SOBRE FINA CASALDERREY.  ACCEDE A SITE ONDE PODES ACCEDER A  ALGÚNS DOS ENDEREZOS PARA A BÚSQUEDA DOCUMENTAL.
                                          


"CARMELA Y SU DUENDE" na biblioteca da Caracolatola

23/4/12

FINA CASALDERREY E UN SACO DE ESTRELAS

Estas son as actividades relacionadas co libro de Fina Casalderrey " Un saco de estrelas" dirixidas ao 3º curso de primaria.

22/4/12

OUTRA FORMA DE LER NO DÍA DO LIBRO



O alumnado de 5º curso está de noraboa porque o 23 de Abril virá á biblioteca Silvestre Gómez Xurxo, o autor do libro que estamos lendo " Ti non xogas!" e que tanto nos está gustando. Temos moitas preguntas para facerlle e moitos desexos de escoitalo.



18/4/12

FILOSOFÍA PARA NENOS E NENAS







ACABA DE CHEGAR Á NOSA BIBLIOTECA DOUS LIBROS MOI INTERESANTES PARA EXPLICAR DIFERENTES TEMAS FILOSÓFICOS AO ALUMNADO. ESTÁN INDICADOS PARA MAIORES DE 9 ANOS. UN TRATA SOBRE PLATÓN E DIÓGENES E O OUTRO SOBRE KANT.