29/9/13

A MADRID

O 1 de outubro celébrase en Madrid os V ENCONTROS DE BIBLIOTECAS E MUNICIPIOS, organizado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. A experiencia de traballo en equipo das Bibliotecas Escolares e Públicas de Redondela foi aceptada para expoñela nese congreso e alá estaremos : unha representante do Concello, una das bibliotecas escolares (Laura Goldar) e dúas das bibliotecas públicas (Mª Xosé e Helena). Esperemos que a nosa experiencia teña alguna utilidade para os asistentes e nós tamén pensamos aprender moito. Recolleremos material gráfico para subir aquí.
Deixamos enlace do programa dos encontros:
http://www.mecd.gob.es/v-encuentro-bibliotecas-municipio/programa.html

RECOLLEITA DE RECURSOS

ESTAMOS A PREPARAR UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN COS RECURSOS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA RELACIONADOS CO PROXECTO DESTE ANO " MEDINDO E CONTANDO". ESTA É UNHA ALFAIA QUE VIMOS DE ATOPAR NA LIBRERÍA DO SEMPRE ADMIRADO FRANCESCO TONUCCI "EL PAIS DE LOS CUADRADOS",ONDE NOS FAI UNHA APROXIMACIÓN Á XEOMETRIA CUN AMPLO SENTIDO DO HUMOR E CUNHA VISIÓN DO MUNDO DIVERSA E FERMOSA. CREMOS QUE NOS VAI DAR MOITO XOGO ESTE CURSO.

Os froitos da horta

Aínda que xa estamos cun novo proxecto, non esquecemos o anterior que tan bos resultados nos deu.Á vista está o recollido esta semán pasada. Os alumnos e alumnas de 5º saborearon a conciencia estes maravillosos tomates. Agora pensaremos que imos plantar cara ao inverno.

3/9/13

Empezamos un novo proxecto con moita ilusión e con desexos de superación. 
Este ano o noso proxecto de biblioteca títulase " Medindo e contando" e pretendemos darlle un pulo á parte lóxico-matemática. Xa iremos falando máis do asunto.
Polo de agora, atopamos un libro "Poetas. Primera antología de poesía con matemáticas" (Ediciones Amargord) cunha recompilación de escritos e poemas esta feita por Jesús Malia e que nos parece utoda unha descoberta.
Dese libro sacamos o logo do proxecto e moitas citas para reflexionar. Aí vai unha mostra escrita por Daniel Ruiz:
" La poesía permite y favorece que el elemento pragmático de la comunicación matemática haga acto de presencia, despliega nuevos caminos donde la matemática y la poesía se abrazan para llenar de colores la existencia. Sería verla con ojos más humanos. Un poema que se apropie de téminos matemáticos, conceptos e ideas permite construir nuevos significados, nuevas perspectivas. Además su abrodaje desde diferentes contextos la enriquece y le da valor agregado a esta disciplina. La poesía puede instaurar un ligar lúdico, experiencial y creativo, donde es posible congeniar con el espíritu informado por la ciencia de la Matemática"