19/12/13

OLLOS DE AULA

REVISTA PARA AS FAMILIAS DA COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

AGASALLA EN GALEGO

ESTE ANO A CARACOLA TOLA E O BERETIÑO REUNÍRONSE PARA FACER UNHA SELECCIÓN DE DISCOS E LIBROS PARA AGASALLAR NESTE NADAL.

Agasalla Galego by ninivarela

11/12/13

EXPOSICIÓN CENTRAL SOBRE UNHA PARTE DO PROXECTO

XA ESTA PRACTICAMENTE REMATADA A EXPOSICIÓN SOBRE "AS ESCOLAS DE ANTES" NA ENTRADA . É DE AGRADECER A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS QUE NOS EMPRESTARON AS SÚAS FOTOS E O SEU MATERIAL. 
AQUÍ QUEDA UNHA PEQUENA MOSTRA.








NOVO CONCERTO DA CARACOLA TOLA

Hoxe gozamos dun novo concerto na biblioteca. Alex R. Carballal de 6º tocando o clarinete e Alex Rodríguez de 5º coa tuba déronnos un concerto fantástico e cun público moi atento e agradecido.








9/12/13

Unha lembranza para MANDELA

Non imos engadir máis ao que xa está dito todos estes días arredor de Nelson Mandela. Nós traballaremos o poema de Marcos Ana "VIDA" con música de A QUENLLA na que se fala dos sentimentos deste poeta que tamén, como MANDELA pasou tantos anos no cárcere.
VIDA
 
Contaime como é un carballo,
como é o cantar dun río
cando se enche de paxaros.
 
Falaime do mar. Falaime
dos arrecendos do campo.
E das estrelas. Do aire.
 
Recitaime un horizonte
libre de pechos e chaves
como a casupa dun pobre.
 
Decime como é o alento
dunha muller. Daime o nome
do amor : xa non me lembro.
 
¿Aínda as noites se perfuman
de namorados tremendo
de paixón baixo da lúa?
 
¿Ou non hai máis ca esta foxa,
a luz dunha sepultura
e a canción das miñas lousas?
 
Vintedous anos...Xa esquezo
ata a dimensión das cousas,
o color, o cheiro...Escribo
 
a cegas: “ o mar”, “ o campo”...
digo “fraga” e non percibo
a xeometría dun carballo.
 
Falo por falar de asuntos
que me borraron os anos.
( Non podo seguir: escoito
os pasos do funcionario)
 
Letra: Marcos Ana
Música : Xosé Luis Rivas Cruz.
A Quenlla. A solaina da memoria.