26/5/10

HOMENAXE Á POESÍA

A artista Luz Darriba colocou poesía nas árbores da praza maior de Lugo para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Mirade que idea máis bonita:

20/5/10

Volcán Eyjafjallajokull

Como sabedes o volcán Eyjafjallajokull de Islandia, entrou recentemente en erupción. Deixámosvos con este video que mostra as imaxes deste acontecemento, botádelle unha ollada e xa veredes que alucinante!

19/5/10

ÚLTIMO CONTACONTOS!!!


Este venres 21 de maio, ás 18:30 hai que asistir a Biblioteca de Redondela a escoitar o último contacontos do curso, xa que despois descansarán o verán para cargar as pilas para o curso que vén. Non volo perdades!!!

18/5/10

Illa San Simón

Estes días, chegou as nosas mans un video sobre a Illa de San Simón que queremos compartir con vós. Velaí vai:

13/5/10

17 de maio

Pensando nno luns, e na celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, o alumnado do terceiro ciclo fixo unhas actividades fantásticas. Se queredes pasalo ben, mirade:

Revista 5º e 6º

11/5/10

HOMENAXE A UXÍO NOVONEYRA



A Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, dirixidas polas concelleiras nacionalistas Ánxeles Babarro e Rosa Costas, respectivamente, organizan a celebración do acto de Homenaxe a Uxío Novoneyra, poeta ao que se lle dedica este ano o día das Letras Galegas.

O acto contará coa colaboración do alumnado dos cursos de alfabetización de persoas adultas e de poboación inmigrante, que farán unhas lecturas da biografía e de poemas do autor, que tamén serán traducidos as diferentes linguas de orixe do alumnado (árabe, francés, e alemán).
A continuación haberá unha actuación musical a cargo do grupo Na Virada, que trae entre o seu repertorio algúns poemas de Novoneyra e que nos achegará unha visión máis humana e persoal do autor a través da relación persoal que tivo con el Xico de Cariño, un dos seus compoñentes.
Para facilitar a asistencia das nais e pais que teñan nenos pequenos, durante o acto haberá unha coidadora que se encargará da atención e coidado dos pequenos e pequenas que o necesiten, que quedarán ao seu cargo nunha sala a carón do lugar onde se celebrará o acto.

A Homenaxe a Uxío Novoneyra celebrarase o vindeiro venres 14 de maio, ás20:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela.

6/5/10

1ª XUNTANZA DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

Acaba de rematar a primeira xuntanza das bibliotecas de Redondela (escolares e municipais) celebrada no noso cole, cun balance moi positivo. Recordade esta data porque a partir de agora as nosas bibliotecas darán MÁIS de que falar.

5/5/10

POEMAS DE NOVONEYRA

Dende a "BIBLIOTECA DO COLE" do cole de Quintela- Moaña, chéganos esta presentación feita polo EDNL do seu centro. A nós encantounos, que vos parece a vós?

4/5/10

FOLERPAS DE NOVONEYRA

Se queredes saber máis sobre Uxío Novoneyra, a quen se lle adica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, botádelle unha ollada a este libro escrito por Fran Alonso, que temos na biblioteca da Caracola Tola.