22/2/15

SUXESTIÓN DE ACTIVIDADES

NESTA PRESENTACIÓN ESTÁ REFLECTIDA A PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DE ROSALÍA.



A EMIGRACIÓN EN ROSALÍA

COMEZAMOS A SEMANA CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA. 
ESTE ANO CENTRARÉMONOS NA EMIGRACIÓN E TEMOS PENSADO VARIAS ACTIVIDADES PARA O CENTRO E PARA OS CURSOS.
ESTA É UNHA ESCOLMA DE POEMAS DE ROSALÍA SOBRE A EMIGRACIÓN PARA O PROFESORADO QUE DESEXE TRABALLAR NESTE ASPECTO.



6/2/15

CANTANDO E ACENANDO CON MARÍA FUMAÇA

PASÁMOLO EN GRANDE CANTANDO A CANCIÓN DE MARIA FUMAÇA " EU TEÑO ALGUÉN NO MEU CORAZÓN" . 







MÁIS FOTOS SOBRE O DÍA DA PAZ

EXPOSICIÓN AO ALUMNADO MÁIS PEQUENO.




MÁIS RECREOS NA BIBLIO

ESTA VEZ CHEGOU O FOLK Á BIBLIO E PUIDEMOS GOZAR DUNHA BOA SESIÓN MUSICAL.
GRAZAS A ESTAS ALUMNAS DE 5º QUE NOLO FIXETRON PASAR TAN BEN... E QUE CUNDA O OXEMPLO.




5/2/15

MÁIS ACTIVIDADES NO DÍA DA PAZ

Os cursos de 3º, 4º , 5º e 6º de primaria estiveron realizando un traballo en equipo sobre VIAXES SOLIDARIAS, recompilando información sobre diferentes ONGs : Médicos sen Fronteiras, Greenpeace, Implicadas no Desenvolvemento e Amnistía Internacional.
O resultado dese traballo foi exposto ante estes cursos , en primeiro lugar, e logo aos máis pequenos.






ACTIVIDADES PARA O DÍA DA PAZ

Iremos mosttrando  as diferentes actividades que se levaron a cabo no DÍA DA PAZ.
Os de TIC fixeron un video precioso coas achegas das familias e as colaboracións de diferentes cursos.

https://www.youtube.com/watch?v=JQNcud8W9wM&feature=youtu.be

Comezamos a sesión de contacontos aos máis pequenos.

Hoxe comezou a rolda de contacontos ao alumnado de E. Infantil e 1º de Primaria por parte dos nenos e nenas de 6º de Primaria.

Polo que parece, aínda que estaban un chisco nerviosos, seica quetodo o mundo quedou moi contento. Levaban moito tempo preparándose e case todos fabricaron material complementario como apoio ao conto. 
NORABOA!