29/1/15

Outra sesión de RECREOS NA BIBLIO

Esta vez foi alumnado de 3º A que nos mostrou algunhas das súas habilidades musicais. Pasámolo moi ben!




OBRADOIROS DE DOBRAXE

Tamén contamos coa sorte de ter connosco uns magníficos actores de dobraxe que nos ensinaron todo o proceso que se necesita para realiazar esta actividade.
Nós tamén fomos quen de realizar unha pequena parte desta dobraxe.






SEMANA MOI ATAREFADA

Levamos unha semana con moita actividade na escola. 
Na biblioteca houbo moita busca de información para preparar o día da Paz. 



ENSAIO DOS CONTACONTOS

Levamos varias semanas preparando os contacontos para os máis pequenos e facemos ensaios na hora de ler.


21/1/15

SUXESTIÓNS DE ACTIVIDADES PARA O DÍA DA PAZ

Xa estamos preparando as actividades para o 30 de xaneiro, día da Paz.
este curso centrarémonos na canción de XIQUI, XOQUE, FIÚ, FIÚ de MARÍA FUMAÇA  e nas actividades das ONG.

18/1/15

AGASALLA GALEGO

Aínda que cun poucode retraso, publicamos o folleto enviado ás familias antes das vacacións de nadal coas nosas suxestións de compra de discos e libros en galego, realizado conxuntamente polos departamentos de biblioteca, normalización e Tic.




LUNS, 19 DE XANEIRO, HOMENAXE A SEÑORA CARMEN EN RADIO BERETIÑO.

Mañán, luns,lembraremos a Señora Carmen con motivo do seu pasamento.
 En Radio Beretiño teñen preparado un programa especial para falar da súa vida, da súa arte e da fonda pegada que deixou en nós a súa visita a o centro. Acompañada de Uxía e Serxio Tannus e da nosa profe Raquel nalgúns momentos, a Señora Carmen ofreceunos uns dos momentos máis inesquecibles e máxicos dos que temos gozado na escola.
Por iso, queremos agradecerlle a súa xenerosidade e lembrala  cantando con ela as súas cancións.

Tamén mostramos unha pequena mostra fotográfica da súa visita.





Na páxina web da escola hai tamén unha sentida mostra do noso afecto.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandreboveda/node/368