21/12/09

RECOMENDACIÓNS NADAL

Este ano as nosas recomendacións viaxan en forma de marca páxinas para todas as casas. Aquí volas deixamos en forma de libro para que as gocedes.

15/12/09

VISITA GUIADA POR CHAPELA

Dentro da campaña de dinamización lingüística do Concello de Redondela, o equipo de Palabras no ar visitou o noso cole e falou con algúns amig@s da Caracola Tola
"Escoitade como ven e valoran o lugar onde viven mentres facedes un percorrido polo espazo a vista de paxaro. E se vos gustou o paseo pola beiramar…que tal se agora xogamos ás adiviñas?"
Para facelo non tedes máis que premer aquí

BOLETÍN DECEMBRO 2009

Este ano, imos un pasiño por diante e colgamos o boletín de decembro no blog antes de entregalo en papel.
Este é o resultado:



Dec Em Bro 2009

11/12/09

O LIBRO DA SEMANA

Esta semana queremos recomendarvos este estupendo libro do que destacamos especialmente a ilustración.

Hubo una época en el bosque

9/12/09

10 de decembro


"O 10 de dicembro de 1948, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, Tras este acto histórico, a Asamblea pediu a todos os Países Membros que publicaran o texto da Declaración e dispuseran que fora "distribuido, expuesto, lido e comentado nas escolas e outros establecementos de ensinanza, sen distinción fundada na condición política dos países ou dos territorios".

4/12/09

O LIBRO DA SEMANA

Dentro do programa de dinamización lingüística "Palabras no ar" promovida pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, e en colaboración coa Xunta de Galicia, chegounos á escola este fermoso libro titulado "Sopa de soño e outras receitas de cocociña" de José Antonio Ramírez Lozano, cheo de imaxinación e que nos suxire moitas ideas poara traballar a expresión escrita dun xeito creativo. Todas as receitas son moi saborosas pero gústanos especialmente o "xeado de bágoas"


sopa de soño

3/12/09

PLAN DE TRABALLO DA CLASE

Co gallo da axenda da Caracola, vos propoñemos este plan de traballo para a clase.


Plan Traballo Clase

2/12/09

PLAN DE TRABALLO

Estamos achegándonos ao fin do ano e vai sendo o momento de facer reconto e ,coma sempre, facer plans para o vindeiro . Dende a nosa escola, temos unha suxestión que facervos ...O texto é do escritor cubano Antonio Orlando Rodríguez , o cal ten unha obra extensa de literatura infantil e xuvenil así como investigacións sobre o folclore e as imaxes pertencen ao artista austríaco F. Hundetwasser.


1/12/09

26/11/09

MÁIS SOBRE O APALPADOR

Xurxo Valcárcel, o autor do poema do apalpador que colgamos recientemente fainos a seguinte recomendación:
Vén de sair do prelo, editado por BIBLOS, un fermosísimo conto para nenos e maiores de Xoán G. co título de "O Apalpador". Se o texto é moi fermoso, as ilustracións que o acompañan non o son menos. Nel explícase de xeito precioso e sinxelo quen é, como vive nas montañas e a que se adica este personaxe máxico e bondadoso da mitoloxía do noso país.
Considéroo unha aportación fundamental na recuperación da tradición. A ter en conta como agasallo no vindeiro Nadal. Cecais poida traelo o mesmo Sr. Apalpador.


.libro


Neste enlace podedes atopar máis información.

22/11/09

MÚSICA COA CARACOLA TOLA


Desde a biblio, queremos sumarnos ás celebracións da música durante estes días e decidimos ambientar a biblio durante os recreos con Mozart, Vivaldi e Mussorgski. Empezamos a semana pasada e seica que a actividade esperta interese. Pensamos que será o principio dunha longa amizade.

20/11/09

O APALPADOR

XURXO L. VALCÁRCEL GIL, PAI DUNHA ALUMNA DA NOSA ESCOLA FAINOS CHEGAR UNS APUNTAMENTOS MOI INTERESANTES SOBRE A FIGURA DO "APALPADOR" QUE POR ESTAS RÍAS BAIXAS RESÚLTANOS MOI DESCOÑECIDA. CITANDO PALABRAS TEXTUAIS DO FINAL DO SEU TEXTO :

"O Apalpador é o que nos resta dun antigo deus precristián, que agora só mantén as funcións de anunciador infantil da fartura e da protección, simbolizadas nun leñador que convirte a madeira en carbón, fonte de luz e calor, e que é doador de froitos.
É a nosa responsabilidade que non se esqueza o rito, o símbolo, o costume que se supón estivo estendido por toda Galicia, e que se mantivo vivo ó longo dos séculos nos puntos máis afastados da nosa "

SE QUEREDES SABER MÁIS NON DEIXEDES DE LER O RESTO DO INTERESANTE TEXTO.
ADEMAIS, COMPUXO UN POEMA TITULADO " A NOITE DO APALPADOR" QUE NOS LEVA A VIVIR INTENSAMENTE ESTES TEMPOS DE MAGOSTOS E PAISAXES OUTONAIS.
MOITAS GRAZAS XURXO POLA TÚA COLABORACIÓN E ESPERANDO QUE NON SEXA A ÚLTIMA .

19/11/09

IMAXINANDO...

Navegando entre as bibliotecas, a Caracola Tola atopou este video no blog do Segrel do Penedo. Botádelle unha ollada e gozade!

Bave Circus from DuDuF on Vimeo.

15/11/09

A ESCOLA DAS AREAS

"Acimación en plastilina baseada nun texto de Frai Martín Sarmiento.
Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio contra a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idiomam Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu método."
Director: Victoria Curiá, Tomás Conde.

13/11/09

U.A.B en fotos



Xa podemos presentarvos a@s amig@s especiais da Caracolatola, as Unidades de Asistencia en Biblioteca. Entre tod@s estamos levando adiante un gran traballo.
Grazas pola vosa responsabilidade, polo esforzo e polo cariño que tedes pola biblioteca.

12/11/09

Mondrian e as razóns de Sarela


Parafraseando as " 33 razóns para ler", o alumnado do 3º ciclo púxose a escribir argumentos para as súas afeccións.
Sarela quere facernos partícipes das súas razóns para facer teatro tendo como fondo un cadro de Mondrian titulado "Composición en vermello, azul e amarelo".
Este texto será o primeiro de moitos que esperan ser publicados.

BOLETÍN MAIO

O último boletín do curso 2008/2009
boletin maIO

OUTRO BOLETÍN

O de marzo
boletin marzo

POR FIN!!!

Costounos, pero xa conseguimos subir ao blog os boletíns da Caracola Tola . Son do curso pasado, pero sempre se poden reler.

boletin decembro

9/11/09

XOGOS POPULARES

Xa que esta semana ímola adicar ao Magosto e os xogos populares, este enlace é moi axeitado: http://brinquedia.net/

Así comeza...

Manifesto do “Día do peón 2009″ realizado polo escritor Suso de Toro.
O manifesto será lido o vindeiro mércores 11 de novembro no Acto Central na Alameda de Santiago de Compostela.

TIRA POLA PIOLA
"Traballar todo o ano cansa, traballar un día e mais outro na mesma cousa é aborrecido. Así e todo hai días nos que o traballador ten o corpo golfo e quere brincar, eses días fabrica cousas para a alegría. Estes días pasados os ferreiros que fan ferramentas e os carpinteiros que amoblan as casas deixaron estar os traballos e armaron animaliños de madeira con punta de ferro. Son bichiños viradores..." (Suso de Toro, 2009)

6/11/09

OS UAB

Por fin conseguemos colgar os documentos dos UAB!!!!

Pero... sabedes o que son os UAB?Pois:

Unidade de

Asistencia a

Biblioteca.

Se queres acceder aos documentos vai ao artigo anterior

5/11/09

UAB

CONTRATO DA UAB


Tarefas dos UAB

A FIGUEIRA DOS PELOSTORTOS

Xa está dispoñible na nosa biblioteca este novo e divertido libro de OQO

A Figueira Dos Pelostortos

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Parece que este ano están a funcionar moi ben, o alumnado de 4 anos xa probou unha das tartas que fixeron Marta e a súa mamá co libro de receitas da mochila, e estaba boísimo!


UN POEMA, UN LIBRO

Xa están dispoñibles as fotos da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS, que como xa sabedes, foi todo un éxito.


Día das Bibliotecas 2009

2/11/09

COÑECEDES A JULIÁN BEEVER?

Agora si que ides a alucinar, porque o que veredes neste video é todo pintado por este artista chamado Julián Beever.


PAINTJAM DAN DUNN

Esto si que é ARTE!


30/10/09

O SAMAÍN


A Caracola Tola xa anda a investigar que é iso do Samaín... e vos?

28/10/09

AXUDANTES NA BIBLIOTECA

Xa funcionan os U.A.B. (Unidade de Atención na Biblioteca) durante os recreos; hai que salientar que @s voluntari@s están levando o traballo con moita responsablidade e realizando un gran traballo. O equipo da biblioteca pode estar orgulloso deste alumnado.

POEMAS VISUAIS


En colaboración coas Seccións Bilingües do centro o alumnado de 6º fixo unha incursion no deseño de carteis para a campaña " Un poema, un libro" cos seguintes resultados.
















27/10/09

POEMARIO EMPAPELADOR


De éxito rotundo podemos calificar a actividade "Un libro, un poema" que levamos á cabo na biblioteca da Caracola Tola co galo do Día das Bibliotecas Escolares.

Gracias a toda a comunidade escolar pola vosa participación.

Dános ánimos para seguir traballando a prol da lectura.

22/10/09

NON VEÑAS SEN POEMA!




Xa está todo preparado!



Lembra que cada libro pode ser cambiado por un poema.



Ven con tempo e paciencia, hai unha morea de libros esperándote.


21/10/09

MOCHILAS VIAXEIRAS

MOCHILAS VIAXEIRAS EN TRÁNSITO

ESTE É O CONTIDO DAS " MOCHILAS VIAXEIRAS" DESTE CURSO.

LEDE MOITO E DISFRUTADE

20/10/09

O DÚO DOS GATOS- ROSSINI

Rossini compuso este “duetto” para se rir das sopranos que desafinaban.
Habitualmente cántase a dúas voces femininas (mezzo e soprano), acompañadas de piano. Aquí as podedes escoitar con voces brancas (nenos).
A súa única letra é o miañar dos gatos. Pero a música ten moita dificultade, especialmente a entoación.

18/10/09

UN LIBRO, UN POEMA

O venres 22 e o luns 25 de outubro vide preparados cunha morea de poemas, porque a Caracola Tola vos cambiará cada poema por un libro que vós escollades dos que estean no recuncho do hall da escola.


A única condición é que os poemas teñen que estar ben escritos, co nome do autor ou autora e ben presentados.

Estades tod@s comvidados a participar desta actividade :nenos, nenas, familias, profes...


15/10/09

ELAS CREAN

... Pintan, fotografían, esculpen, escriben....
Si! Atopamos un blog onde as mulleres artistas son protagonistas.
Se queres investigalo preme na seguinte dirección.

11/10/09

RODIN NA CORUÑA

A través do seu proxecto " A porta do inferno" Auguste Rodin (1840-1917) abriuse ao campo das imaxes mitolóxicas, os misterios da vida, a morte, os castigos do máis alá e os heroes malditos enfrontados cos deuses. Esta visión da obra motolóxica de Rodin é a óptica da exposición inaugurada o 24 de setembro no kiosko Alfonso da Coruña. Deste proxecto xurdiron as súas obras máis coñecidas como "El pensador" ou "El beso" que poden verse nesta exposición ata o 15 de novembro.

8/10/09

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Aínda que o Día das Bibliotecas Escolares é o día 24 de outubro, a IASL (International Association of School Librarianship), proponnos que se aproveite todo o mes de outubro para facer visible a importancia da biblioteca escolar e todas as súas posibilidades e recursos.

E a nós gustounos a idea! Así que comezamos celebrándoo coas mochilas viaxeiras, que hoxe mandamos para casa.

Achegámosvos o cartel deste ano, feito polo famoso autor de cómics Miguelanxo Prado.

A ver que vos parece

6/10/09

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este xoves conezarán a percorrer todas as casas as mochilas viaxeiras.
Hai unha mochila para cada clase. O material que inclúen é:
- Un libro divulgativo sobre o espacio
- Un libro para adultos
- Un libro de poesía
- Un libro para nen@s
- Un DVD
- E un caderno onde deixaremoe escritas as nosas pegadas lectoras.
Esperamos que este material sexa do voso agrado e que gocedes en familia con el.
Boas lecturas!

2/10/09

PINTURA EN ACCIÓN




"Pintura en Acción é unha forma de entender a pintura coma unha arte viva, en constante movimiento. Unha arte actual na que destaca o valor do traballo. "


É un proxecto feito por Carmen Martín que consiste en pintar todos os cadros de unha exposición nun só día.


"A pintura é, máis ca nunca, arte contemporáneo, e quizais a expresión artística máis viva e tenaz deste. "


Estas fotos están feitas nuha sesión no zoo de Vigo.

Nesta dirección podes atopar mais información

1/10/09

ALGO ESTÁ A ACONTECER...

Moi pronto chegarán á Biblioteca da Caracola Tola os
UAB
... estade moi atentas e moi atentos.

18/9/09

A nosa axenda. 25 de SETEMBRO

Como o ano 2009 é o ano da Astronomía, as bibliotecas de Redondela en colaboración coa Agrupación Astronómica Rías Baixas de Vigo proponnos unha actividade de OBSERVACIÓN PÚBLICA das ESTRELAS para o venres 25 de setembro.Vos animades?
Se queredes mais información premede no seguinte enlace:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2009/09/observacion-publica-das-estrelas.html

15/9/09

Unha acuarela

Para ir entrando en materia...

PRÉSTAMOS DE LIBROS

A Caracola Tola está preparando os carnés da biblioteca para que pronto comecen os préstamos. Aínda así a biblioteca está aberta nos recreos para facer consultas ou ler.

15/6/09

DÚAS LÚAS NO CEO





O 27 de agosto, a medianoite e 30 minutos, mirade ao ceo.
O planeta Marte será a estrela máis brilante no ceo, será tan grande como a lúa chea
Marte estará a 55,75 millóns de kilómetros da terra.
Non volo perdades!
Será como se a terra tivera dúas lúas.

A próxima vez que esto acontecimiento se produza será no ano 2287.

31/5/09

Estes días a nosa profe de música tróuxonos unha película moi especial coa que gozamos moito;de paso aproveitamos para falar algo de cine e realizar unha pequena guía de traballo integrada que trata sobre cine, lingua, coñecemento e música.
A guía de traballo está a vosa disposición.
Coa ausencia de diálogos , a película é unha marabilla de música e imaxes, que nos invita a unha profunda reflexión e debate sobre a humanidade e o seu papel no planetaTerra.

Acompañamos tamén uns enlaces ás paxinas :

http://www.auladecine.com/

http://www.prensajuvenil.org/cineduca/cineduca.htm

www.uhu.es/cine.educacion

http://www.dalealplay.com/informaciondecontenido.php?con=57481

Ademáis un libro :

"El cine en el aula de primaria y secundaria "
Autores: Alba Ambrós, Ramón Breu Ed. GRAÓ



21/5/09

EN CAMINO

Hoxe, o alumnado de 6º asistimos á representación dun espectáculo sorprendente onde o humor acompañounos ó longo de toda a obra.

Admiramos o maestría e o saber facer de Sergio Mercurio " El Titiritero de Banfield" e gozamos cos seus personaxes: Bobby,a avoa, o Indio, Beto, sobrados de tenrura e ironía.

Como nos quedamos con ganas, buscamos máis información e atopámola no seu blog e a nosa sorpresa foi que podemos descargar o texto das súas obras.

Ten coidado! isto engancha:
http://eltitiritero.blogspot.com/

19/5/09

ATA SEMPRE MARIO

PRIMAVERA CON OUTRA ESQUINA ROTA

A Caracola Tola quere agradecer a Mario Benedetti o gozo que nos proporcionou en todos estes anos lendo a súa obra aínda que os nosos corazóns queden cunha esquina rota e sigamos sen pedir " estrelas azuis" e defendendo a alegría contra vento e marea.

13/5/09

OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA- CONTOS

AXENDA CULTURAL

TÍTERES CASCANUECES representará "O GRAN KE-TUMBA KE-TAMBA" na Biblioteca Municipal de Chapela o día 22 de maio ás 18:30H.
Ademáis, para seguir pasándoo ben tamén convídanos ao vindeiro contacontos que se celebrará o venres día 29 de maio ás 18.30H.
Se queres máis información preme aquí.
http://microsites.centromultimedia.net/microsite/redondela/redo_biblio/Actividades.htm

AXENDA CULTURAL

Os amantes da cultura estamos de noraboa!Chega unha semana moi esperada por todos nós. A partir do vindeiro luns poderemos gozar co X FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES de Recondela! Se queredes ter máis información ou consultar o programa pinchade abaixo e veredes todo o que nos ofrece este festival.

http://www.fantoches.org/

10/5/09

MÁIS POEMAS

NOUTRAS LINGUAS


Traballando co " The aspiring Poet's Journal" atrevímonos a escribir poesía en inglés.



OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA

No obradoiro estivemos traballando na descrición de persoaxes, este é o resultado do noso traballo.

8/5/09

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa se achega o DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio) propoñemos esta páxina para coñecer máis cousiñas de Ramón Piñeiro López, que é o autor a quen se lle adica este día no ano 2009.

Rematamos esta semana o Obradoiro de Creación Literaria con Xesús Constenla . Despois de traballar a poesía e o conto, o último día explicounos o seu proceso da escrita e a interesante viaxe dende a primeira idea ata o libro editado como resultado final, mostrándonos a súa libreta onde vai anotando e escribindo notas, recortes, noticias, etc..
Grazas, Xesús.

29/4/09

CANTEIRA DE ESCRITOR@S


O alumnado de sexto estamos metidos de cheo nun proceso creativo intenso. Xa levamos varios días nos que Xesús Constela nos invita a traballar coas palabras dun xeito moi participativo e dinámico.

Os resultados podedes consultalos un pouco máis abaixo.

28/4/09

23 de abril DÍA DO LIBRO




Como xa sabedes. para conmemorar o DÍA DO LIBRO, no cole fixemos unha exposición do QUIXOTE.


Grazas á colaboración das familias conseguimos 50 exemplares diferentes desta novela. Mirade que ben quedou!!!


18/4/09


Dentro das actividades a realizar para a conmemoración do Día do Libro, ven de programarse un Obradoiro de Creación Literaria, promovido pola Asociación de Escritores en Lingua galega. O vindeiro martes, 21 de Abril, recibiremos a visita de Xesús Constela, autor entre outras obras de " Shakespeare destilado".

Incorporamos esta pequena reseña de Xesús Constenla para que sepades algo acerca do autor que nos visita, se premes en " Shakespeare destilado", podes acceder o blog do autor.

Constela, Xesús
AUTOBIOGRAFÍA

Nacín no Ferrol de antes das reconversións industriais un 2 de xaneiro de 1963 no Sanatorio do Carme. Estudei a EXB no colexio público "Ibáñez Martín", de onde vén o meu amor pola lingua, e logo fixen o Bacharelato no Instituto Concepción Arenal, onde gañei dous premios literarios para os estudantes do Centro, dada a miña afección a escribir versos que destilaban amor, mar, loita e, por riba de todo, adolescencia. Un xeito de retrato de min mesmo entre os dezasete e os vinte anos. Tamén participei no grupo de teatro "Berenguela", no que chegamos a representar unha pequena obra miña e outra de Manuel María por toda canta asociación de veciños e sociedade cultural nos poñían por diante.

Logo marchei á cidade de Salamanca para estudar Filoloxía Inglesa na súa tan famosa Universidade, onde tamén participei en pequenas revistas de creación literaria para estudantes. Licencieime no ano 1986 e marchei a Barcelona, cidade da que aínda agora teño saudades mestas coma néboas de inverno. Dende ese momento dediquei a miña vida ao ensino da lingua inglesa en Institutos, traballo que me fixo cambiar moitas veces de residencia (Santiago, Ferrol, Monforte, Pontevedra) e agora Poio.

Lector de prosa infatigable, un día decidín verter nunha serie de relatos as cousas que ía destilando a miña cabeza e dese xeito tan sinxelo naceron As humanas proporcións. Cal non sería a miña sorpresa cando vin o meu labor recoñecido co premio Torrente Ballester na súa decimo quinta edición (2003). Publicado por Galaxia en setembro de 2004, en marzo de 2005 o libro recibiu o premio da Asociación Española de Críticos Literarios na súa modalidade de narrativa en galego.

Colaboro de xeito habitual no suplemento "Nordesía" do Diario de Ferrol e ando a escribir unha novela coa que quero agasallar aos meus fillos, que agardo que saia publicada en 2007, ao tempo que dedico o meu tempo de lecer a cultivar unha horta pequeniña e a devorar con paixón os literatos do momento, entre outras cousas que non vou comentar por pertencer á miña intrahistoria máis privada.


26/3/09

Inauguración da biblioteca da Caracola Tola

O día 18 de marzo inauguramos, por fin, a biblioteca da Caracola Tola.

Para conmemorar este día tan especial recitamos unha escolma de poemas; non faltaron os relacionados co Universo, tamén os adicados a Rosalía e, por suposto, outros grandes autores ( García Lorca, Miguel Hernández, etc).

A este acto asistiron as familias colaborando con nós no recitado de poemas e algúns representantes do Concello e da Consellería de Educación, a todos eles enviamos o noso agradecemento.

Inauguración



Estamos comenzando unha nova andaina.