13/12/21

Día das Bibliotecas 2021

 Como este ano o 24 de outubro, Día Internacional das Bibliotecas, coincide con domingo, no cole decidimos celebralo uns días antes. 

Neste curso, cunha especial ilusión, celebramos o Día das Bibliotecas con dúas propostas.

Seguindo o noso proxecto de centro Galicia Máxica, o alumnado de todo o cole visualizou a película "O bosque animado".  Desta forma, aínda que cumplindo o protocolo COVID, a biblioteca A Caracola Tola volve a cobrar vida gracias á presencia dos nenos e nenas.

Por outra banda, quixemos implicar ó alumando de forma directa na decoración da biblio, xa que é un espazo para todo o cole do que todas e todos somos partícipes. 

Cada clase escolleu un conto e o representou nun lienzo empregando diferentes técnicas. O resultado... moita ilusión de todos os nenos e nenas ao poder colaborar coa biblio, e por suposto, unhas composicións preciosas. 

Esta foi unha ocasión que nos permitiu, a través da maxia e a fantasía, recordar que na nosa biblio teñen cabida diferentes linguaxes.

Deixámosvos a continuación o resultado!! 








RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2021

 Que mellor para pasar un rato agradable no verán que unha boa recomendación lectora!

Así son as recomendacións lectoras dos libros que che fai a 

Biblioteca Caracola Tola para este ano...



A Biblioteca Caracola Tola e todo o equipo de mestres e mestras do CEIP Alexandre Bóveda deséxanvos un verán cheo de historias e cousas boas!

FOLERPAS 2021

 E co curso a piques de rematar....temos lista unha nova edición da nosa revista 

"FOLERPAS 2021".

Despois de todo o curso traballando no proxecto de SAÚDE aquí tedes unha pequena mostra de diferentes actividades que fixeron o noso alumnado.

Esperemos que pasedes un bo rato lendo a revista e vos guste tanto como a nós!!

https://issuu.com/angoren/docs/revista_folerpas_xuntada

A Caracola Tola e o Beretiño deséxanvos un... Bo verán!!





13/2/21

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021

 Para celebrar o "Día Mudial da Radio" xs nenxs do cole participaron nesta inciativa proposta por "Ponte... nas ondas!" na que presentan a nosa "Radio Beretiño". 


 Como sabedes levamos varios cursos participando no programa "Radio na Bilbio" e por iso aproveitamos o noso recuncho da biblioteca Caracola Tola para gravar e fomentar este tipo de actividades. 

A continuación podedes escoitar o podcast que gravaron con moita ilusión. Esperamos que vos guste!😉