29/11/13

AS MEDIDAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

ESTAS SON AS ACTIVIDADES REALIZADAS AO LONGO DA SEMANA ADICADAS Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ACTIVIDADES PARA CHUQUELO

27/11/13

0 25 de novembro en E. Infantil

´Tamén en E. Infantil realizaron a mesma actividade que o alumnado de Primaria pero foron utilizando gomas como medida de lonxitude.


CHEO ABSOLUTO NO 1º CONCERTO

Hoxe inauguramos una nova andaina na biblioteca: a temporada de concertos no recreo.
Sergio Martínez , de 5º curso , ofreceunos un mini-concertó co bombardino e estivemos gozando coa súa música.
O máis sorprendente foi a expectación que se produciu xa que non había sitio para toda a xente que asistiu ao concerto.
Isto anímanos a seguir con esta experiencia que terá una determinada frecuencia.
Moitas grazas a Serxio e desexarlle un feliz camino no mundo da música.
 



 

XUNTANZA DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

O martes, 26, tivemos unha nova xuntanza das bibliotecas de Redondela. estivemos a tratar varios asuntos como a coordinación do cómic viaxeiro que aínda está facéndose.
Tamén tratamos a participación no concurso de "Ponte nas Ondas" como grupo e avanx¡zando un chisco sobre o seu contido e a forma de organizalo.
Quedamos para unha nova xuntanza en Febreiro, o martes 18.





24/11/13

PORTADA DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

AQUÍ TEMOS A PORTADA DO CONXUNTO DE ACTIVIDADES  QUE DESENVOLVEREMOS O 25 DE NOVEMBRO

22/11/13

FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA

HOXE, TODAS NOSAS FELICITACIÓNS VAN PARA TI, FINA, PORQUE TE QUEREMOS, POR TANTO CARIÑO QUE NOS TES DEMOSTRADO, POLO AMOR QUE NOS TRANSMITECHES POLA LECTURA, POLA TÚA PAIXÓN NUN ENSINO DIFERENTE. aÍNDA LEMBRAMOS A VISITA QUE FOXESTES Á ESCOLA E COMO NOS DIVERTIMOS E TODO O QUE APRENDEMOS. POR ISO E POR MOITO MÁIS, UNHA APERTA MOI FORTE NESTE DÍA TAN IMPORTANTE PARA TI.

20/11/13

ESTAMOS A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS CO 25 DE NOVEMBRO

ESTAMOS A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS CO 25 DE NOVEMBRO E COMEZAMOS A USAR LIBROS RELACIONADOS CO TEMA.

19/11/13

PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO- COUSAS DE ESCOLA

ESTES DÍAS A NOSA ESCOLA É A PROTAGONISTA DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS ESCOLAS DE ANTES, NA QUE PARTICIPAN TODOS OS DEPARTAMENTOS, RELACIONADO CO PROXECTO INTEGRAL DE CENTRO " MEDINDO E CONTANDO"

18/11/13

DORIS LESSING

Coa morte de Doris Lessind vaise tamén una mente lúcida e combativa. Aquel "caderno dourado" que tanto nos inspirou e nos fixo reflexionar sobre a nosa condición de mulleres, de estar e de vivir no mundo, queda para sempre prendido na nosa memoria e na educación literaria. Preocupada pola educación e polo mundo da lectura en todos os aspectos sociais e en todos os niveis para mellorar as inxustizas e combater a corrupción dos gobernos, é hoxe un exemplo de responsabilidade e compromiso como escritora.

10/11/13

A BIBLIO DA CARACOLA TOLA NOS RECREOS

Levamos uns días cunha actividade frenética nos recreos; non chegan os ordenadores que temos para todo o traballo que quere facer o alumnado e tamén hai una gran demanda de empréstitos e devolucións. O alumnado de primeiro ten querencia polos libros POP-UPS e o de segundo ten una grande afección polo debuxo. Así que entre uns e outros a CARACOLA TOLA ha de estar moi contenta.

NOVOS TÍTULOS PARA O NOSO PROXECTO

ESTAMOS MOI METIDOS NO PROXECTO DE CENTRO E POLO DE AGORA ESTAMOS OCUPADOS CO TEMPO PERO IMOS PENSANDO NAS MATEMÁTICAS E NOS NÚMEROS. TEMOS ALGÚNS LIBROS QUE NOS AXUDAN MOITO. ESTES SON UNHA MOSTRA: