24/9/15

REUNIÓN DO OBRADOIRO ESCRITA

Este curso , o profesorado que dá clases de lingua (galega ou castelán) desde 2º a 6º traballaremos dun xeito coordinado o tratamento da escrita. 
Así , na reunión de hoxe perfilamos o enfoque nos prantexamentos da escrita, cun guión que xa subiremos a este mesmo blog.
Hai libros que nos son de gran axuda. 
Aquí deixamos á vista algún deles.



A ESCRITA NA HORA DE BIBLIOTECA

Comezamos xa a experimentar diferentes formas de expresarnos. 
Hoxe inspirámonos no libro de " AL RITMO DE LAS COSQUILLAS. CUERPOEMAS I".
  A partir dunha estrutura dun poema dos que figuran neste libro, comezamos a xogar co ritmo dos versos e a compoñer nós os propios. 
aínda non rematamos pero xa se lle ven as trazas.



21/9/15

Traballando a atención e a capacidade de observación.

En 2º de primaria estamos traballando o libro " JUEGO DE LUCES".
despois de contar a historia , cada un/ unha terá que numerar as diferentes esceas por orde de aparición no conto.

Posteriormmente en plástica, traballarán a cor , xogando coas sombras en negro.

PESCUDANDO SOBRE O NOSO PROXECTO DE CENTRO

Estes días hai libros da biblioteca que andan pasando dunhas mans a outras porque  estamos dándolle voltas ao noso proxecto e introducilo nas programacións e na vida escolar do centro.
Este é un deses libros:



16/9/15

EXPOSICIÓN NA ENTRADA

PARA IR MOTIVÁNDONOS MONTAMOS DESDE A BIBLIOTECA UNHA EXPOSICIÓN PARA QUE NOS VAYAMOS FACENDO UNHA IDEA DO NOSO PROXECTO DE CENTRO   " UN, DOUS, TRES,...PROBANDO " .









Xa empezamos a darlle voltas ao noso proxecto de centro " Un, dous, tres, ...probando" baseado , fundamentalmente, na experimentación.
Este está sendo un dos nosos libros preferidos.