16/3/20

Unidos ante o covid_19

Ola amigxs!! 
Dado que estamos a vivir unha situación moi excepcional, anímovos a todas e todos a participar nesta iniciativa tan bonita. Facede nas vosas casas un arco da vella da esperanza, debuxos de agradecemento a todo este colectivo que está dando todo para que poidamos superar esta situación o antes posible e todo o que se os ocorra, utilizando os materiais que queirades, dándolle renda solta a vosa imaxinación. Xuntos podemos superala. Despois podedes colgar os vosos debuxos nas ventás, para así sentirnos menos sós estes días que non vamos a poder saír da casa. 
Esperamos as vosas obras de arte no correo ceip.alexandre.boveda@edu.xunta.es para subilos o Twitter. Un pequeno xesto pode facer que todo esto se leve mellor. 

                                                                     PARTICIPA!!!

                                                                   #todovaairbien

Dende aquí deixamos algún exemplo que xa nos foi chegando por iniciativa propia. Gracias a Desi e Borja de 6º de Educación Infantil e a profe Cris, de 4 anos que xa nos mandaron as súas aportacións. 

                                                                  #xuntospodemos







11/3/20

OUTRO NOVO RECUNCHO EMPEZA!

Boas lectoras e lectores!

Esta semana comezou a funcionar un recuncho no que o profesorado e mais eu, a vosa Caracoliña, levamos moito tempo traballando e que estamos seguros que vos vai encantar...

 O LEGO RECANTO!!


O primeiro que fixemos foi a "Formación de usuari@s" para saber cómo comportarse no novo recuncho... é moi importante saber utilizar e coidar os novos materiais do cole antes de empezar a empregalo.

No recanto de Lego todo o alumnado terá o seu carnet que irase coreando a medida que completen os retos con dous niveis de dificultade, un para infantil e outro para primaria.

No primeiro reto que moitos de vos xa conseguíchedes acadar (como podedes ver nas seguintes fotografías) había que crear figuras (en infantil) e o voso nome (en primaria)... a verdade que os resultados foron impresionantes así que noraboa a todxs!!

E agora a polo segundo reto!!





Saúdiños mariños da Caracola Tola!

10/3/20

NOVAS ACTIVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Boas lectoras e lectores!

Aunque a nosa Biblioteca todavía non está inaugurada si que está en pleno funcionamento e estes días non para de recibir visitas!

A semana pasada celebramos o día de Rosalía cunha visita á Biblioteca Xela Arias de Chapela onde fixemos un montón de actividades que podedes ver na súa páxina de facebook ou no seu blogue (http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/02/homenaxe-rosalia-de-castro-na.html). Ademais ao día seguinte inauguramos os nosos famosos RECREOS MUSICIAS, esta vez coa actuación de 1º e 4º de primaria que cantaron o poema de Rosalía de Castro "Como chove miudiño" musicalizado por Uxía Senlle no seu libro "Rosalía pequeniña". 

 

Pouco despois inauguramos o novo RECUNCHO DE IGUALDADE no que moitos de vos xa pasades os recreos. A verdade é que luce fermosísimo grazas a colaboración de "Animosa" unha empresa de Vigo que pintou as mulleres escollidas polas diferentes clases do cole.
 Ademais, o venres pasado realizaron dous obradoiros nos que mostraron o seu traballo e ensinaron algunhas das mulleres máis importantes da historia. Podedes ver un resumo no vídeo de Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/sociedad/2020/03/07/rincon-violeta-leer-igualdad/2258832.html

Pronto poderedes ver o meu novo aspecto e outros recunchos que pouco a pouco van collendo forma,  mentres tanto... 

Saúdos mariños da vosa Caracola Tola!