21/12/15

CONCERTO PARA REMATAR O ANO

Pedro tocou o violín acompañado de Mikias e Nico na percusión e logo Marta tocou a guitarra(alumnado de 4º B) agasallándonos cun concerto para rematar o ano que nos soubo a gloria. Un aplauso moi grande para eles.







16/12/15

AGASALLA GALEGO

Estas son as nosas recomendacións lectoras para os agasallos de libros e discos para este nadal.
É unha proposta realizada pola biblioteca, o departamento de Dinamización e o de TIC.
Esperemos que vos guste.


15/12/15

TRABALLO SOBRE OS CONTOS CLÁSICOS E OS ESTEREOTIPOS.

Coa clase de 3º e de 4º vimos de ler este marabilloso libro de "El Hematocrítico"titulado FELIZ FEROZ .
Ademais de rir moito co libro serviu para falar sobre os diferentes personaxes dos contos clásicos que aparecen no libro e sobre os que os demais esperan de nós.


Traballando a secuenciación visual e a expresión oral

Co alumnado de 2º , na hora de biblio, estivemos traballando a secuenciación visual co marabilloso libro de "Adivina quién hace qué". 
Despois de escanear o libro e de interpretalo, fómonos colocando por orden de aparición ao mesmo tempo que tiñamos que expresar oralmente o que ía pasando. 
ao rematar estabamos nun círculo, pechando o conto.



TRABALLANDO COS LIBROS DA BIBLIOTECA

En 2º e en 3º curso na hora de biblioteca contamos un conto "Gorilón" e logo estivemos traballando a nivel oral e escrito as diferentes estruturas da narración.





EX0PERIMENTANDO ... CO CURSO DOS RÍOS

O alumnado de 4º está traballando no tema de "  Auga na terra" as distintas partes dun río e , en colaboración con plástica, realizaron estes fantásticos traballos.







30/11/15

LITERATURA E XEOMETRÍA

De lectura obrigada parécenos este libro que nos mostra que a xeometría pode ser útil para todo o mundo, incluso para Nube, o can do protagonista. Este libro axúdanos a entender a xeometría dun xeito fascinante.




QUÍMICA HASTA EN LA SOPA

¿Qué tienen en común un lápiz y un diamante?
¿Las gafas para el sol protegen del sol?
¿Por qué se hinchan los fideos de la sopa?
PARA COÑECER ESTAS RESPOSTAS E OUTRAS IGUAL DE INTERESANTES NON DEIXES DE CONSULTAR :






LEMBRANZA DE NEIRA VILAS

Para aquelas persoas que levamos tempo nesta escola aínda lembramos con emoción a visita que un día nos fixo NEIRA VILAS e ANISIA MIRANDA
Buscaremos nos arquivos e atoparemos as fotos daquel encontro inesquecible.
Pero nos queda a súa defensa do idioma, a memoria como material literario, o seu mundo tan universal e a vixencia das súas palabras.
Aquí deixamos as súas dedicatorias.





26/11/15

25 de novembro

Esta son as nosas suxestións de actividades para traballar durante estes días contra a violencia machista.

14/11/15

TRABALLANDO NO PROXECTO

Dentro da nosa idea de desenvolver ao máximo os contidos dun xeito experiemental , imos mostrando diferentes aspectos deste traballo. Este ten que ver coas ciencias naturais e cada alumno/a móstranos as partes da súa lingua relacionadas cos distintos sabores.







PREPARANDO O 25 DE NOVEMBRO

Xa estamos inmersos na preparación do 25 de Novembro.
A profe Bea encárgase de ir facendo a ambientación para a posterior realización dunha actividade co alumnado.






NA HORA DE LER

Entre as diferentes actividades que se van realizando na HORA DE LER  tivemos unha que consistía en agasallarnos cun poema que nos gustara moito. 
Outros optaron por recomendarnos o seu libro favorito. Poidemos comprobar que Rosalía segue tendo unha aceptación ben alta entre o noso alumnado. Teremos algo que ver nós con todo isto?











OS RECREOS DA BIBLIO

Unha vez máis o pasado mércores, Uxía, a alumna de 6º curso, agasallounos cun concerto de gaita que nos deixou a todos  e todas moi, moi alegres.
Nalgúnhas pezas estivo acompañada polo profe Xesús e pola profe Raquel. Tamén algúns animáronse a botar unha peza.
Grazas, Uxía pola túa xenerosidade!






OS INVENTOS DAS FAMILIAS

Pouco a pouco iremos mostrando neste blog os inventos que as familias van escribindo no caderno das mochilas viaxeiras. Este é unha mostra:



3/11/15

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O departamento de TIC da escola leva xa un tempo preparando este LIM sobre a científica Angeles Alvariño e o noso alumnado xa saben mitas cousas sobre ela.
Se pinchades neste enlace poderedes acceder ao LIM:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandreboveda/node/442



26/10/15

EXPERIMENTANDO AUNHA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Pouco a pouco van saíndo á luz diferentes experimentos e distintas formas de ollar os contidos curriculares.
Aquí están as estacións meteorolóxicas de 4º curso.