18/6/20

A mar de contos para este verán: Recomendacións lectoras de ficción

Que mellor recomendación lectora que a que fai alguén que ten lido o libro e que quedou encantado. Así son as recomendacións lectoras dos libros de ficción que che fai a Biblioteca Caracola para este verán. Todas veñen da man dun compañeiro ou dunha compañeira que quedou feliz co libro.

A Biblioteca Caracola e todo o equipo de mestres e mestras do CEIP Alexandre Bóveda deséxanche un verán cheo de historias e cousas boas!