23/2/17

QUEN CASA TEN DE SEU, MEDIA VIDA TEN

Para celebrar o Día de Rosalía os departamentos de Biblioteca, Dinamización e Tics realizamos unha serie de propostas para traballar na nosa escola. 
Esta é a presentación das mesmas.



22/2/17

TRABALLANDO O ENTROIDO

Que sabemos, que queremos saber e que precisamos investigar.....un novo proxecto para darlle profundidade a esas construcións coas que vos sorprenderemos no noso Entroido.





CONFECCIÓN DE DISFRACE

As aulas do cole estivemos confeccionando os nosos disfraces nuns obradoiros internivel. Como para algunhas familias, o alumnado tivo que gardar o segredo, non vos podemos contar en que consisten....pero as fotos vos darán unhas pistas.....





VERBAS UNIVERSAIS PARA MANIFESTAR O NOSO SENTIR

Como forma de expresión, ás doce da mañan, o alumnado e o profesorado do noso centro gardou un minuto de silencio escoitando "Negra sombra", o poema de Rosalía de Castro musicado por Luz Casal e Carlos Nuñez.

17/2/17

PREPARANDO O ENTROIDO

Este ano no Entroido estamos a realizar un traballo internivel entre as clases. Aproveitamos a colaboración das familias e os seus monumentos favoritos para buscar ideas para o noso disfraz.


TRABALLOS EN VERTICAL

A partires dun artigo d a revista "O PAPAGAIO o xornal da xente miúda" estivemos investigando sobre os traballos e os traballadores en vertical.