26/4/15

FANTÁSTICO INACIO VILARIÑO

Inacio Vilariño deixounos un sorriso na cara despois de gozar moito cos seus " CONTOS DE BURROS".
Toda unha lección de cómo traballar a expresión oral acompañado de xestualizacións, movementos, cancións, e lograr así a atención máxima do público.









Máis sesións de contacontos



EXPOSICIÓN ARREDOR DO DÍA DO LIBRO

Aquí vai unha mostra do resultado final da exposición arredor dos obxectos imaxinarios do libro "A volta ao mundo en 80 días".










DIA DO LIBRO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. Agradecemos a María Solar a súa xenerosidade e a súa recomendación para este día: "Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar". 



19/4/15

O DÍA DO LIBRO

Estamos preparando a exposición arredor do Día do Libro.
Este ano xirará arredor do libro do noso proxecto " A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS".

PROMETE DARNOS GRANDES SORPRESAS.
ESTA É A NOSA SUXESTIÓN DE ACTIVIDADES.



INACIO VILARIÑO

O LUNS AGARDAMOS A VISITA DE INACIO VILARIÑO COS SEUS "CONTOS DE BURROS."




17/4/15

OUTRA ROLDA DE CONTACONTOS PARA REMATAR O CURSO.

ESTA SEMANA COMEZOU A SEGUNDA ROLDA DE CONTACONTOS DO ALUMNADO DE 6º.






SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana estivemos ttraballando arredor da prensa e aínda seguiremos algúns días máis , enlazando xa coas actividades do Día do Libro.
aquí vai unha mostra das suxestións de traballo para que logo o profesorado as vaia adaptando aos diferentes niveis.


15/4/15

SEMANA DA PRENSA



Esta semana estamos celebrando a semana da prensa e mercamos varios xornais en lingua inglesa e algúns en castelán.
tamén laboramos unha suxestión de actividades para facer en diferentes cursos.

TEXTO EXPOSITIVO

Nos cursos de primaria de 4º, 5º e 6º estamos traballando os textos expositivos.
A partires duns textos do libro de A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS, onde aparecen nomeados diferentes animais, realizaremos primeiramente unha busca de información e logo elaboraremos un texto de creación en modo expositivo.
para tal efecto, a biblioteca ofrece recursos para a busca de tal información.





O ESPANTALLO AMIGO

En colaboración coa editorial Galaxia, o concello de Redondela , asistimos á representación da obra de Neira Vilas,  O ESPANTALLO AMIGO,  a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS. 
Como xa tiveramos o agasallo do libro, había unha grande parte do alumnado que xa o lera, polo que mostraron moito interés. 
Agora toca facer algún traballiño sobre o mesmo, que xa mostraremos aquí no seu momento.



REUNIÓN DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

O martes, 14 de Abril, celebramos na nosa escola unha reunión de coordinación das bibliotecas de Redondela con representación da biblioteca municipal.
Falamos sobre al próximas actuacións conxuntas para este curso e algunha para o vindeiro.
Coma sempre, resultou de grande utilidade.

13/4/15

MÁIS CONCERTOS

IRENE E SOFÍA  ofreceron o pasado mércores un concerto nos "RECREOS DA BIBLIO" . 
Tamén gozamos moita coa súa música e esperamos que haxa moitos máis.




FORMACIÓN DE USUARI@S

Desde o CEIP SOFÍA CASANOVA (Culleredo) chéganos  este fantástico traballo sobre formación de usuari@s que imos enlazar pola xentileza desta biblioteca.
Fantástico traballo!