25/2/11

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA











Unha exposición de libros de Rosalía, un mural sobre Rosalía, outro cos traballos do alumnado (gráficos e escritos) sobre a súa obra concretaron , ao final, as actividades que a biblioteca foi propoñendo para este 24 de febreiro que, como cada ano, conmemoramos e festexamos para lembrar e coñecer a nosa ilustre escritora.












23/2/11

ROSALÍA E A CIENCIA

Quen dixo que non hai relación entre poesía e ciencia? Do libro "Explorando el mundo. Poesía de la ciencia. Antología" (Editorial Gadir) coa edición de Miguel García Posada, copiamos este poema de Rosalía de Castro que está moi relacionado co noso proxecto de "Ás descubertas" e ábrenos unha porta máis sobre Rosalía.

A LOS CUATRO PUNTOS CARDINALES

Desde los cuatro puntos cardinales

e nuestro buen planeta

– joven, pese a sus múltiples arrugas -,

miles de inteligencias

poderosas y activas

para ensanchar los campos de la ciencia,

tan vastos ya que la razón se pierde

en sus frondas inmensas,

acuden a la cita que el progreso

les da desde su templo de cien puertas.

Obreros incansables, yo os saludo,

llena de asombro y de respeto llena,

viendo como la Fe que guió un día

hacia el desierto al santo anacoreta,

hoy con la misma venda transparente

hasta el umbral de lo imposible os lleva.

¡ Esperad y creed! , crea el que cree,

y ama con doble ardor aquel que espera.

Rosalía de Castro


2º SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 5º CURSO


Hoxe tivemos a 2º sesión do clube de lectura de 5º sobre o libro " A monstroescola. Que veñen os monstros" de . Fariña.
Iso de que pechen escolas está moi perto de nós xa que hai unha escola veciña ( a de Trasmañó) que vén de pechar o curso pasado e así falamos das semellanzas; tamén fomos comentando os diferentes personaxes e facendo conxeturas do que pode pasar. Estamos desexando ler en que queda este lío que se acaba de formar co correo electrónico.
Por último, quedamos de "repensar" o nome para o clube de lectura.

17/2/11

2ª sesión do Clube de lectura de 6º

Onte volvimos a reunirnos para falar de " A pantasma de Canterville" de Oscar Wilde.
Acordamos seguir buscando un nome xa que non houbo empate entre dúas opcións e decidiuse pensalo un chisco máis.
Comentouse a diferencia cultural entre os ingleses e os americanos, a importancia da mancha da biblioteca e da biblioteca mesma, das diferentes personalidades dos personaxes , do sentido do humor do texto e algúns integrantes apuntaron tame´n que non cambiamos moito cando despois de 200 anos hai homes que continúan a asasinar ás súas mulleres.
Logo comentamos as pasaxes que máis nos gustaron deste capítulo e quedamos de ler o 2º para dentro de quince días.

15/2/11

MALOS TEMPOS


Unha mostra dos traballos do alumnado do 3º ciclo relacionados coa canción de Lamatumbá.

11/2/11

RABUÑANDO NOVOS CANTARES CON ROSALÍA

DENDE A ESCOLA QUEREMOS FESTEXAR O DÍA DE ROSALIA DE CASTRO CON ALGÚNS RECURSOS E ACTIVIDADES QUE AXUDEN AO NOSO ALUMNADO A ESTAR MÁIS PRETO DUNHA DAS NOSAS PRINCIPAIS AUTORAS.


Músicas para o Día de San Valentín

HEI DE ESTAR ALÍ

NON CHE PROMETO AMOR
FALAR DO QUE NON SEI
MAIS SE AS MANS CHE ENFRÍAN
HEI DE ESTAR ALÍ

NON SEI DICIR MENTIRAS
FALANDO DE AMOR
MAIS SE FALTAN AS FORZAS
HEI DE ESTAR ALÍ

PREGUNTAS POLO AMOR
NON ME ATREVO, NON SEI
MAIS SE TODOS MARCHAN
HEI DE ESTAR ALÍ

QUERES FALAS DE AMOR
QUE EU NON SEI DICIR
MAIS SE TODOS CALAN
HEI DE ESTAR ALÍ

CANTEI COPLAS DE AMOR
CON PALABRAS SEGREDAS
MAIS SE TI MO PIDES
HEI DE ESTAR ALÍ.

Letra: Suso de Toro
Música: Tradicional/Xoán Porto
Madama. Leilía.



NON SEI

Non sei o que pasa por min cando te miro. Non sei porque o meu corazón deixas rendido.Non sei que teñen os teus ollos , eu que terei? Non sei porque falar non podo. Non sei. Esas túas queixas amargas feren o meu corazón, quéreme cal eu che quero meu padecer acabou. Cando os paxariños cantan, cando vai raiar o sol...nosoutras cantemos meu ben nosos cantares de amor.

Música e letra: Emilio Álvarez NORDESTIN@S NORDESTIN@S

9/2/11

Outro clube de lectura que comeza..


Xa temos o segundo clube de lectura do alumnado de 5º que está ansioso por comezar a ler e charlar sobre o libro escollido. Neste caso trátase de " A monstroescola. Que veñen os monstros " de Anxo Fariña. Pensamos que nos vai gustar moito. Temos que dar as grazas á biblioteca do CEIP Mestre Martínez Alonso de Mos por nos emprestar os exemplares que imos usar. Este sistema de "LIBROS A EITO" é a primeira vez que o usamos pero é un xeito inmellorable de optimizar recursos .
Hoxe falamos dos clubes de lectura, as súas características, do que iremos facendo...A persoa que vai moderar as sesións para este libro vai ser a nosa orientadora Maite que está moi contenta con esta nova andaina.
Colgaremos fotos da xuntanza estes días pero hoxe vai a portada do noso libro.