29/3/19

CAPTURA, PENSA E PRENSA

Durante a semana da prensa os alumn@s do cole convertíronse en pequenos periodistas, fotógrafos, escritores, editores e redactores. Fixéronse dúas actividades en cadea:

  • Unha actividade consistíu en que os nen@s de Infantil fixeron fotos artísticas por todo o cole e os de 1º escribiron o pe da foto. Os de 2º redactaron as noticias no xornal "Chapela´s News". 
  • A outra actividade consisitíu en escoller  fotografías de xornais os alumn@s de 3º e 4º, os de 5º escribiron os titulares e os de 6º redactaron as noticias. 

A continuación están as fotografías do mural conxunta da actividade:

"CAPTURA, PENSA E PRENSA"

Parabéns a tod@s polo traballo!






 

26/3/19

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Onte tivemos a visita do autor Antonio García Teijeiro

Deleitounos cos seus poemas e historias dos libros "Honorato, o rato namorado" e "Poemar o mar". Libros traballados nas aulas de 2º e 4º de Educación Primaria, respectivamente, no Itinerario Lector. Antonio foi premiado recentemente co "Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil" por "Poemar o mar".




Foi un verdadeiro luxo poder contar con él, desfrutar das súas rimas, palabras e experiencia. Contounos como se lle ocorreu o personaxe de Honorato, o seu primeiro contacto coa poesía, a súa paixón polo mar, o seu gusto pola música...Foi unha grata visita na que os rapaces poemaron con él e contaxiáronse dos versos, así, entre todos,  compartindo poesía.



Para recibilo, os alumn@s de 4º recitaron un poema acompañados por Roi, alumno de 5º, tocando o violonchelo, actividade preparada por Ángela. Os alum@s de 2º continuaron recitando un poema de Honorato. Para rematar, fixemos unha fotografía de grupo, e os rapaces de 4º ensináronlle un mural adicado á Serea poeta, do libro "Poemar o mar".


Esperámoste, Antonio, seguiremos poemando e mergullándonos na nosa fraga de libros de "Caracola Tola". Continuaremos polo tanto, navegando o ronsel dos nosos soños.
Parabéns e ata pronto!



Este é o vídeo duns anacos desta marabillosa visita: 



21/3/19

BURACOS EN FEMININO


Co motivo do día 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, fixemos a actividade:

BURACOS EN FEMININO

Cada clase seleccionamos unha muller relevante no seu traballo e na súa vida. Para que perduren no tempo, as metimos nun bote de cristal e gardalas coma se fosen un tesouro. 
Esta é a exposición que fixemos:



As mulleres seleccionadas son:
  • MARIE CURIE (Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel)  

  • GRETA THUNBERG ( Estudiante e activista sueca, destacada figura dentro das folgas estudiantiles xerando conciencia hacia o quentamento global)

  • MARUJA MALLO ( Pintora surrealista galega)

  • AMELIA EARHART ( Aviadora estadounidense,  célebre polas súas marcas de voo e por tentar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a liña ecuatorial)

  • OLIMPIA VALENCIA LÓPEZ ( Primeira galega titulada en Mediciña. Foi especialista en xinecoloxía) 

  • SERENA WILLIAMS ( Tenista estadounidense e medallista olímpica)


  • ANTONIA FERRÍN MOREIRAS ( Matemática e Astrónoma galega)
  • COCO CHANEL ( Deseñadora de alta costura francesa)  
  • FRIDA KAHLO ( Pintora e poetisa mexicana)    
     

15/3/19

NOVIDADES DE MARZO

Xa están aquí as novidades deste mes de marzo. Títulos como: "Un máis", "Polo camiño", "Mortiña", "Sira e o robot", "Bat Pat el metro fantasma", "La niña que hablaba con los árboles", "A horta de Simón", "Cantamos", "Maruxa"....

Ven a ler á Biblio!

14/3/19

RECUNCHO MULLERES

Temos na nosa Biblio un Recuncho adicado as Mulleres.
Seguimos traballando as mulleres representativas de tódolos ámbitos e de tódolos tempos. Temos títulos como:  "Querida Malala", "Pioneiras", "Cuando las niñas vuelan alto", "Las chicas son guerreras", "Marie Curie", "Wangari Maathai"...

Pásate pola Biblio para coñecelas!


13/3/19

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO

Hoxe tivemos a sorte de contar co autor e ilustrador 
Abraham Carreiro

Presentounos o seu libro "Xoeliki. Os ordenadores secuestrados. As aventuras dun ciberpirata" da editorial Moito Conto.


Desfrutamos das súas ilustracións ao tempo que contaba as características de cada personaxe do seu libro. Aprendimos as técnicas artísticas para elaborar un personaxe con diferentes emocións: enfadado, contento, malvado... 
O libro foi lido dende as titorías nos cursos 5º e 6º de Primaria dentro do Itinerario Lector.

Foi unha experiencia ciberpirata xenial!





Aquí está o vídeo da visita de Abraham Carreiro:





12/3/19

AGASALLOS ADIVI-PATIO

Hoxe tivemos a entrega de agasallos do 1º concurso Adivi-Patio
Os axudantes de Biblio, Laura e Alonso, entregaron un maracapáxinas a tódolos participantes. Para os gañadores houbo un regalo moi especial: un lápis da nosa Biblio! 

PARABÉNS!


Aquí está a entrega de agasallos!


A Caracola Tola está moi contenta e comezaremos un novo concurso moi pronto. 

Participade!