28/3/16

AS NOSAS MULLERES TRABALLADORAS

O alumnado de 5º e 6º estiveron a darlle voltas buscando a súa muller traballadora nun entorno próximo.

O resultado foi este precioso traballo sobre as avoas, bisavoas, nais, veciñas, coñecidas,... que nos relataron a súa historia e que quixeron compartila con nós.

Serviu tamén como reflexión sobre o traballo silencioso e esquecido das mulleres galegas que levaron adiante este país en tempos moi difíciles.

Moitas grazas por compartilo con todos e todas nós!





O ALUMNADO DE 6º DE CONTACONTOS EN E. INFANTIL













NOVO CONCERTO NOS "RECREOS DA BIBLIO"

De novo, o alumnado de 4º A ofreceunos un concerto durante o recreo que foi a delicia de tódolos asistentes.







TODOS OS DÍAS SON DÍA DA PAZ

Seguimos a traballar no xornal noticias relacionadas co tema dos inmigrantes e os refuxiados.
Lamentablemente, non deixan de aparecer na prensa novas que nos fan reflexionar sobre o mundo no que vivimos.

Estas son as mostras gráficas do mural que fomos confeccionando e da súa relación con " A PENÍNSULA DO TESOURO".





REFORMAS NA BIBLIOTECA

Na biblioteca empezabamos a ter falta de espazo polo que decidimos facer unha pequena reforma , subíndolle un andar aos estantes.
AGORA TOCA REORDENAR ESPAZOS E ,DE PASO,  REORDENAR IDEAS!!!





9/3/16

ENTREVISTA RADIOFÓNICA

Onte, 8 de marzo, o alumnado de 5º entrevistou a unha policía, que é nai dun alumno da escola e que tamén estudou neste centro. Máis adiante reproduciremos a entrevista que lle fixeron algúns alumnos e alumnas de 5º sobre a conciliación famiiar e os atrancos e dificultades polos que pasou, principalmente, pero hoxe mostramos a parte gráfica do encontro.






7/3/16

DERRUBANDO VALOS- 8 DE MARZO

Co tempo xusto, rematamos a presentación de actividades para o 8 de marzo. 
Introducímolas cun texto marabillosa de BEGOÑA CAAMAÑO e , coa esta motivación, arrincamos a suxestión das actividades.
Xa sabemos que non é traballo para un día, porque este tema temos que traballalo sempre, por iso farémolo coa previsión de varios días.


4/3/16

Experimentando coa clorofila







Obradoiro de títeres

O alumnado de 4º e de 2º pasouno en grande co obradoiro de Titeres ofertado polo Equipo de Dinamización  Lingüística do Concello de Redondela.
Logo levaron para casa cadanseu títere.. e tan felices!









VISITA AO INSTITUTO OCEANOGRÁFICO DE VIGO

De moito interés  científico resultou a visita que o alumnado de 5º e 6º  realizou ao Instituto Oceanográfico de Vigo.
Saber a idade dos peixes, coñecer o xeito de facer as prospeccións mariñas , o traballo cos microorganismos... son algúns dos aspectos que fomos aprendendo nunha visita que está organizada con carácter CIENTÍFICO.
O nosos parabéns para a organización.