19/6/19

AGASALLOS E DESPEDIDA

O pasado venres tivemos a despedida da nosa Biblioteca Caracola Tola. Os axudantes de 5º e 6º de EP recibiron uns fermosos agasallos pola súa colaboración en todo o curso.



Ademais, os gañadores do último concurso de Adivi-Patio e os participantes do Recreo Musical de Buracos tamén recibiron o seu merecido recoñecemento. Unha xornada de lembranzas nas que destacamos todo un curso de aprendizaxe e bos ratos na nosa fragua de libros.

A Caracola Tola despídese  e espéravos o vindeiro curso con moitas sorpresas e algún cambio na nosa Biblio...

Que pasará?????



17/6/19

XABIER DOCAMPO

A pasada semana estivemos traballando a obra de Xabier Docampo. Para rendirlle homenaxe a este autor o fixemos de maneira conxunta os coles de Chapela. Gran autor cunha ampla obra que expusemos no noso expositor das Conmemoracións. 



A clase de 4º de EP traballando a obra de Xabier Docampo:


Adapatación musical do conto "De cores e de amores" feita na última clase de música de 2º de E.P. Música composta por Susa Herrera e adaptación da profe Ángela:




12/6/19

NOVIDADES XUÑO

Xa levan 12 días as Novidades de Xuño na nosa Biblioteca!Aínda tes uns días máis para velas!
Pásate pola Biblio de Caracola Tola!!


2/6/19

ROSAURA E O MAR

Durante o mes de maio estivemos traballando, tanto en Infantil coma nos cursos de 1º a 4º de Primaria, o libro Rosaura e o mar, da autora Isabel Blanco. Un libro sobre os oficios do mar, con historias salgadas nas que Rosaura é mariñeira, percebeira, pescadeira, redeira...Uns versos nos que nos traslada ao mundo do mar e no que aprendimos moito vocabulario e multitud de curiosidades que conta a protagonista. 

Cada clase elaborou unha caixa cunha profesión de Rosaura, e a profe Lucía fixo unha lonxa con cangrexos, mexillóns, polbos e sardiñas. Con todo,  fixemos un mural enorme no que colaborou "Jara" cos seus aparellos de mariscadora: angazo, raspín, neopreno, as medidas para coller ameixas (fina e xapónica), sacho, escarpines...  

O pasado venres tivemos a gran sorte de contar coa visita das dúas protagonistas desta historia do mar: a escritora Isabel Blanco e Jara que achegounos a súa amada profesión de mariscadora. Foron dúas sesións para 1º, 2º 3º e 4º de Primaria nas que aprendimos, entre outras cousas, con Jara: os utensilios necesarios para poder mariscar e o seu uso (cinto, sacho, raspín, cesto, angazo, tinón...), os tipos de cunchas das ameixas, as medidas para collelas, a limpeza de algas que fan as mariscadoras para que as ameixas"respiren" e crezan, as festas gastronómicas...Un traballo de auténticas guerreiras!

Isabel contounos cómo comezou a escribir para nenos, as Rosauras que hai : "Rosaura cociñeira", "Rosaura e o mar" e "Rosaura cesteira de Mondariz". Os rapaces queren máis Rosauras e teñen moitas ideas: Rosaura..científica, gandeira, a través do tempo, deportista, xardineira, escritora, aventureira....

Grazas Isabel e Jara por compartir a vosa paixón e vosas profesións! Esperámosvos na biblio da Caracola Tola. 
Bicos de sal!


Aquí está o vídeo de ROSAURA E O MAR: