29/4/13

CONTOS NA RADIO DE REDONDELA

Algúns alumnos e alumnas de 6º estiveron contando contos en Radio Redondela. A experiencia foi moi emocionante e seguro que cunde o exemplo. Serán emitidos na semana das Letras Galegas.
Temos que agradecer a Elena (Biblioteca municipal de Redondela) que nos dera a idea e que nos acompañou na sesión de gravación. Tamén lle damos as grazas á nai de Paula F. pola súa disposición.
 









28/4/13

ALGÚNS DOS TRABALLOS DA SEMANA DO LIBRO













VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

O venres, 26, estivo co alumnado de 6º curso JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Moitos e interesantes foron os momentos que pasamos con el:contounos detalles do seu proceso de escritura, do de debuxo, da creación de personaxes, da súa inspiración...e tamén obsequiounos co agasallo dos seus debuxos nos libros, na biblioteca e coa súa simpatía. 
Poidemos observar os orixinais dalgunhas obras e dos personaxes de banda deseñada e  descubrimos a outra faceta de pintor "científico".
Tamén quedounos claro a súa afección á lectura desde moi pequeno.
No libro de firmas da CARACOLA TOLA escribiu: 
"MIL COUSAS PODEN PASAR ...SE LES"
GRAZAS, JACOBO!










23/4/13

SEMANA DO LIBRO

Esta é a nosa proposta de actividades para "Semana do Libro", especificada por ciclos.
Nos próximos deixaremos constancia gráfica dos resultados

16/4/13

PREPARANDO AS ACTIVIDADES ARREDOR DO DÍA DO LIBRO

Empezamos estes días a preparar as actividades relacionadas coa celebración do día do libro.
En 3º, estivemos lendo libros que falan de librospara un posterior traballo que xa contaremos máis adiante.







3/4/13

ANTES DAS VACACIÓNS, CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA

O ALUMNADO DE SEXTO CURSO DE PRIMARIA FIXO UNHAS RECOLLEITAS SOBRE POEMAS RELACIONADOS CO HORTO E COA NATUREZA "PRIMAVERAL" PARA A CLASE DE LENGUA ESPAÑOLA. 
CADA ALUMNO/A ESCOLLEU UN POEMA E FOTOCOPIÁMOLO PARA REPARTIR Á ENTRDA E Á SAÍDA PARA AS FAMILIAS QUE ACOMPAÑEN AO ALUMNADO. 
ADEMAIS, NA HORA DE LER, VISITAMOS AS AULAS AGASALLANDO COA LECTURA DESE POEMA ESCOLLIDO.
lEMOS POEMAS DE MIGUEL HERNÁNDEZ,JOSÉ HIERRO,ANTONIO MACHADO, J.R. JIMÉNEZ, ALFONSINA STORNI,...
AS CLASES AGASALLADAS QUEDARON GRATAMENTE SORPRENDIDAS E TODOS NOS FOMOS ENTERANDO DE NOMES DE POETAS, DE POEMAS DIVERTIDOS, ETC..







ANIMACIÓN Á LECTURA CON " CARRAPETO"

ESTIVO QUECA NA BIBLIOTECA E OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º  CICLO FALAMOS MOITO SOBRE O LIBRO DE CARRAPETO QUE ACABAMOS DE LER E QUE TANTO NOS GUSTOU.