28/10/10

AS MOCHILAS DE E. INFANTIL DA CARACOLA TOLA



Hoxe comezan os préstamos coas novas mochilas de E. Infantil.


Grazas mil a Sonia, nai de Brais Rey, que levou un traballo tremendo cosendo e colocando as tarxetas en cada mochila; deste xeito é difícil que se perdan ou que se confundan unhas con outras.


Sabemos que o alumnado de infantil está desexando empezar esta actividade xa que houbo moita motivación previa.


Boas lecturas !


23/10/10

NOVA ANDAINA PARA AS MOCHILAS VIAXEIRAS



As mochilas xa empezaron unha nova andaina este curso polas diferentes familias da escola. O caderno viaxeiro deste ano leva por título " Descubertas lectoras" e desexamos ler as achegas das familias e o que teñen descuberto por medio dos libros. Boa viaxe e boas lecturas!

18/10/10

LECTURAS PARA COMPARTIR
Hoxe tivemos a primeira reunión coas familias interesadas nesta actividade; xa sabedes que é un servicio de intercambio de libros para prestarse entre familias e no que participa tamén o profesorado.
A partires de que recibades a notificación, xa podedes traer os vosos libros á biblioteca. Hai algunhas novidades que xa comunicaremos oportunamente.
Agárdanos un curso con moitas sorpresas lectoras!
Grazas pola vosa asistencia!

12/10/10




Á DESCUBERTA DOUTRAS BIBLIOTECAS
O alumnado de 6º curso vimos de pasar unha semán en Salamanca e tivemos a sorte de poder visitar a biblioteca da Fundación Sánchez Ruipérez. Alí descubrimos xeitos de buscar libros, de coñecer os contidos e moitas cousas máis. Seguro que aproveitaremos o que alí aprendimos.