29/2/24

Visitas literarias

 Ola!

A semana pasada a Biblioteca Ernestina Otero recibiu dúas visitas abraiantes: Inma Soto Iglesias e Polo Correo do vento.

A primeira é a autora do itinerario lector de Educación Infantil, Xela a superheroina de aldea que deu moito xogo fóra e dentro da aula e co que o alumnado máis cativo do cole gozou moito... moitas grazas a súa autora por traernos un contacontos tan chulo!





E tamén nos visitaron os nosos grandes amigos de Polo Correo do vento que xa estiveron varias veces no centro e nunca defrauda.

Esta vez visitaron ao alumnado máis maior do centro (5° e 6° de Educación Primaria) para ensinarlles da súa forma tan particular e amena datos sobre a pintora Maruja Mallo.

O alumnado pasouno estupendamente así que moitas grazas Enrique Mauricio e Tania Solla   por visitar a nosa biblioteca. 




Ata pronto!

22/2/24

Solicitamos a vosa colaboración familias!

 Boas familias!

Durante este curso escolar seguimos participando nalgúns programas de biblioteca interesantes como son "Lecturas e familias" e "Biblioteca Creativa",ademais de sumarlle algún novo como "Donas de sí". 

Do primeiro xa tivemos algunhas charlas no primeiro trimestre e, ainda que todavía temos algúns autoras e autores por confirmar, podemos adiantarvos que tamén virán a estar con vós "Polo correo do vento" e Estefanía Padullés... esperamos anuciar as datas moi pronto!

E en canto a "Biblioteca Creativa" durante este curso desevolveremos diferentes obradoiros para o que pedimos a vosa colaboración:


O primeiro obradoiro corre por conta nosa e enmárcase dentro do concurso que convoca "Donas de sí" xa que, elaboraremos un cartel  para celebrar o día da muller traballadora, farase durante este mes no Recuncho de igualdade da Biblio. Pero iso non é todo, xa que convocamos un concurso tamén para vós e que fagades carteis relacionados co 8m para facer unha exposición no centro... todos os participantes terán un pequeno agasallo!

Tedes toda a información no seguinte cartaz:

Esperámosvos na biblioteca!

15/2/24

E volven os biblio- recreos!

Tras o éxito noutros cursos recuperamos os biblio- recreos. Nestes o alumnado escolle a alternativa que máis lles gusta para realizar no seu tempo de lecer e... son todo un éxito!


O alumnado ven a xogar con Lego e a relizar os retos que se lles propoñen, explorar recursos sensoriais como a mesa de luz, e unha selección de xogos de robótica e como non... con propostas lectoras para que coñezan diferentes autores e fondos da nosa biblioteca. 






A primeira exposición de animación a lectura está adicada a Miguel López (El Hermatocrítico), sumándonos á iniciativa das Bibliotecas Municipais de Redondela. Este autor que, tristemente deixounos este ano, ten unha marabillosa obra digna de ser homenaxeada e seguro que o noso alumnado gozará moito dela, ademáis esta exposición será complementada cunha actividade de contacontos para o alumnado máis cativo do centro.


Canta diversión agochan as bibliotecas e especialmente a de Ernestina Otero do CEIPP Alexandre Bóveda!

14/2/24

Entrega das mochilas viaxeiras

Moi boas! 

Xaneiro veu cargadiño de novidades e outras cousas que xa son tradición na nosa escola, como  é a entrega das mochilas viaxeiras a todas as aulas.

Os axudantes da biblioteca (alumnado voluntario de 5º e 6º de primaria) repartiron polas aulas as mochilas que teredes unha semana na vosa casa e nas que se inclúen fondos seleccionados para cada nivel de narrativa e poesía, a revista escolar do pasado curso e un xogo en familia.



Este é o contido das mochilas viaxeiras deste curso: https://drive.google.com/file/d/1dkF72Sc94-aD4uTX3cfmjNBdylY36s0R/view?usp=sharing

Agora a ler e xogar en familia e acordádevos de escribir a pequena composición para logo ler na aula cos outras compañeiras e compañeiros... a disfrutala!

13/2/24

A biblioteca día a día

Seguimos mostrando o funcionamento da biblioteca no centro!

Durante este curso volveuse a poñer en funcionamento o voluntariado na biblioteca, isto consiste en que algunhas alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria deciden invertir un recreo á semana a vir axudar a biblioteca. Entre as súas tarefas inclúense axudar a introducir todos os fondos no novo programa de xestión de bibliotecas, manter a biblioteca ordeada, axudar a controlar e promover os recursos da biblioteca durante os biblio- recreos...


Ademais, como todos os cursos, o alumnado vai dar unha ou varias sesións na biblioteca nas que gozan de todos os recursos que lles ofrece este espazo. Nesta clase realizan diferentes propostas do Equipo de biblioteca, fan préstamo ou cambian as súas bibliotecas de aula... ou calqueira outra idea que se lles ocorra as persoas titoras. 




A biblioteca Ernestina Otero sempre en funcionamento!


Día da paz

Moi boas!

Para o día da paz a Biblioteca Ernestina Otero preparou unha selección de libros para que as titorías poideran traballar dita data na aula. Ademais, pediuse que a completaran deixando "un desexo de paz"... a participación foi abraiante e deixáronse desexos como:
  • Que termine a guerra
  • Que non haxa problemas
  • Que haxa igualdade de homes e mulleres
  • Que chova en todos os sitios
  • Paz para todo o mundo
  • Que todos sexamos amigos
  • Felicidade para todos
  • Que non haxa discriminación 
  • Que se acabe o racismo
  • Que non nos peguemos
  • Que xoguemos todos xuntos
  • Un bo nadal para todas a nenas e nenos do mundo
  • Que compartamos os xoguetes
  • Deixar de contaminar a terra
  • Que haxa alimentos e auga para todas as persoas
  • Educación para todos
  • Que non haxa armas
  • Que se respeten os dereitos
  • Compartir
  • Que se acabe o COVID19 
  • Rematar coa pobreza
  • Familia
  • Acoller a todos os cans do mundo
  • Amor
  • Que non cacen animais
  • Apertas
En cada clase fixeron cousas moi interesantes... que para rematar esta entrada vos ensinamos nalgunhas fotiños:




12/2/24

Benvida ao ano 2024

 Boas lectoras e lectores da nosa Biblio!

Tras uns problemas técnicos aquí estamos de novo para contarvos as novidades da Biblioteca Car... non! Biblioteca Ernestina Otero!. Efectivamente esa é a primeira novidade a Biblioteca cambiou de nome en consonancia co noso proxecto actual "Semente de igualdade".

Durante este trimestre comezarán moitas actividades que vos iremos mostrando pero, xa que levamos tanto tempo ausentes, esta entrada é destinada a ensinarvos as actividades que se fixeron no primeiro trimestre. Como se nos acumularon un pouquiño imos deixarvos uns videos- resumo... esperamos que vos gusten!

Actividades que se mostran:

  • Contacontos de medo por Samaín
  • Preparación de contacontos do alumnado de 3º e 6º de Educación primaria
  • Organización de fondos por parte do alumnado de 6º de primaria
  • Formación para familias e profesorado do proxecto piloto da Consellería de Sanidade en colaboración con Alborada: "NonenRedes"
  • Obradoiro de lingua de signos


Ademais, tal como se mostra no vídeo, este curso seguimos co programa de bibliotecas escolares: Lectura e familias, co cal vos seguiremos propoñendo planes familiares de lecer na nosa biblioteca. De momento, este curso fixéronse un obradoiro realizado polos mestres da escola, un con Anxo Moure e outro con Raquel Queizás pero pronto anunciaremos máis datas e autores. 

Xa sabedes que a Biblio leva uns anos de transformación e nestes próximos meses pensamos que quedará rematada... estamos deseando ensinárvola!. 

De momento, podemos adiantarvos algún espazo como o noso novo estudo de radio, onde 5º e 6º de primaria recuperarán as emisións de "Radio Beretiño", unha tradición na nosa escola. 



En breve poñeremos máis novidades así que... estade atentos! un saúdo!