Para o día da poesía a Biblioteca levou aos recunchos lectores repartidos polo centro obras poéticas e información dalgunhas importantes poetisas galegas para animar ao alumnado coa iniciativa: poetízate!
E para celebrar unha data tan bonita tivemos na nosa biblioteca a XABIER DOMÍNGUEZ, o autor de Miquits, itinerario lector de 3° e 4° de primaria. Escritor e alumnado intercambiaron experiencias sobre a lectura e asinaron os seus exemplares... moitas grazas ao artista e ao "Consorcio Editorial Galego" por facer posible esta visita!
Para despedirnos deixamos algunhas fotiños:
No hay comentarios:
Publicar un comentario