26/5/24

Enquisas de avaliación

 Ola!

Chega o momento de ir pechando cousiñas e avaliar o feito para poder mellorar o curso que ven... moitas grazas por darnos a túa opinión!

  • Enquisa alumnado: 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/JLT2cc7xwrSyHcGg


  • Enquisa familias:

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/MfQPMoXH472BFmzC


  • Enquisa profesorado: 

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/c7DoYNrYgiRSn49G



23/5/24

A xanela do Maxin

Moi boas!

A semana pasada estivo no cole "A xanela do Maxín" para ofrecernos unha obra de teatro sobre o acoso escolar e a violencia. 
O espectáculo integrraba todo tipo de recursos teatrais e contou coa axuda dos nosos axudantes da biblio que actuaron tamén no espectáculo. 
Todo o alumnado do centro gozou desta actividade así que moitas grazas ao Consorcio Editorial Galego por agasallarnos con ela.

Para despedirnos deixamos algunhas fotiños: 


 

22/5/24

Obradoiro de baile galego

Saúdos!

Dende "Biblioteca creativa" pedímoslle ás familias a súa participación, amosándonos habilidades como: costura, barro, ganchillo, cociña, lettering, arte,...

Polo que unha das actividades brindadas por Verónica,  nai de Sabela de 3 anos foi: Baile Galego!. O alumnado de Infantil e as profes aprendimos algún paso, e gozamos bailando todos xuntos así que... moitas grazas!


20/5/24

obradoiro sensorial con APAMP

Durante un tempo teremos no colexio unha aula cunha instalación artística ofertada por APAMP (Asociación de familias de persoas con Parálise Cerebral) en  colaboración co Equipo de Biblioteca, pola que pasarán todos os cursos. 

Esta instalación invita a cativada ao xogo, á exploración libre, a creatividade, a imaxinación, a manipulación, a observación e (sobre todo) á diversión!

Festival Internacional de Títeres de Redondela

Ola!

Coma todos os cursos o alumnado do CEIPP Alexandre Bóveda participamos no "Festival Internacional de títeres de Redondela", acudindo tanto ao Multiusos Piñeiral do Crego (en Chapela) como o Multiusos A Xunqueira (en Redondela) e foi unha experiencia moi satisfactoria!

*"Colgando dun fío" por Di Fillipo Marionetas


*"Variatés do animalario" por Paporrubio:



Encántanos que o noso Concello organice un festival tan chulo e esperamos poder seguir participando moito tempo!

16/5/24

Espallar tinta, Lectura na rúa

 Ola!

Á biblioteca Ernestina Otero gústanos apoiar as iniciativas doutras bibliotecas e por iso, outro ano máis, participamos na feira "Espallar tinta " (organizado polo CEIP de Cedeira) e a xornada de "Lectura na rúa" (organizado pola biblioteca do CEP Santa Mariña).

Estas experiencias  son motivadoras e significativas para o alumnado posto que coñecen nenas e nenos doutros centros compartindo lecturas e creacións escritas así que... moitas grazas aos centros organizadores por convidarnos!



Stands de 1° ciclo e Infantil de "Espallar tinta"



Alumnado de 2° e 3° compartindo lecturas en "Lectura na rúa"

13/5/24

Premios concursos de Radio!

 Moi boas!

Estas semanas entregáronse os premios dos concursos de Radio Beretiño dentro do plan Radio na biblio:






Para iso, 5° e 6° de primaria tiveron que facer o reconto e revisión das papeletas do concurso e preparar os agasallos:



E así de felices quedaron as afortunadas e afortunados do resto de grupos! Noraboa ás premiadas e premiados!


9/5/24

Biblio creativa: primeiros obradoiros!

Boas!!
Este curso repetimos no programa "biblio creativa " na que o alumnado desenvolve diferentes dotes artísticas. 
Ls primeiros obradoiros que realizaron son os seguintes:

- MÁNDALAS DE LÁ ("Landalas"): Alumnado de Educación Infantil e primaria coa profe Maribel 


- PATCHWORK: Alumnado de educación Primaria coa profe Elena.

Saúdos!

8/5/24

Retos Lego!

Moi boas!

Algunhas nenas e nenos atrevéronse cos retos Lego que lles propoñémos facer nos recreos!


Pronto recibiredes un agasallo por cooperar coa biblioteca! Saúdiños!