9/6/24

Formación radio con Ponte nas Ondas

 Moi boas!

O xoves o alumnado de 5º de primaria realizaron un obradoiro de radio dentro do programa "radio na biblio".

Foi moi interesante e pasárono maravillosamente!




E tras toda unha mañá de traballo, aquí tedes o resultado cun programa especial de "Radio Beretiño ":

Saúdos!

6/6/24

Acto Alexandre boveda

E seguimos de festa!

Hai uns días celebramos ó 122 cumpreaños de Alexandre Bóveda,  importante personalidade á que lle adicamos o nome do centro.
Foi un cumpreanos en toda regla coa compañía da súa  familia (a súa filla Amalia e o seu neto), agasallos, autoridades, merenda e torta.
Ademáis o Concello de Redondela contribuíu ayudándonos a publicar un libro sobre el e facendo unha serie de actos ao redor desta figura.

Aquí tedes un pequeno resumo! Deica logo! 

 

4/6/24

Biblio creativa: seguintes obradoiros!

Olaaa!

 Continuando coa experimentación creativa (dentro do programa bibliotecas creativas) na nosa biblioteca o alumnado aprendeu a:

- Ganchillo: Educación Primaria coa profe Elisa. 

- Flores de caixas de ovo: Educación Infantil e Primaria coa profe Sara.






Seguimos creando! Moitas grazas ao alumnado e profes voluntarios!

Coñecendo mulleres: Luisa Villalta, Ernestina Otero...

Bos días!

Este curso "Polo correo do vento" visitáronnos varias veces para falarnos (e debuxarnos) mulleres importantes no centro, tal e como pedía o noso proxecto "Semente de igualdade":








3/6/24

Maratón das letras galegas


Bos días!

Como todos os anos os centros públicos de Chapela reunímonos para celebrar a deporte e lingua, xa que participamos nunha nova edición do maratón das letras galegas.
Este día convivimos co CEIP Igrexa, CEIP Laredo e IES de Chapela para gozar todos xuntos dunha carreira, este adicada a Luisa Villalta. 
Tanto alumnado como profesorado e familias pasámolo moi ben e agradecemos ao IES Chapela ter inventado unha iniciativa tan fermosa. 
Aquí unhas imaxes