14/11/24

Biblio- creativa!

Moi boas!

Outro ano máis participamos no programa de Bibliotecas Creativas e é que ao noso alumnado encántalle!

Xa levamos algunhas sesións pero ainda non tiveramps tempo de mostralo. Se están encargando o voluntariado da biblioteca quenes, guiados pola mestra encargada,  actuan como monitores tanto nas sesións de creación como na de xogos de mesa. A continuación podedes ver algunhas imaxes de lettering,  creación con follas e recreos de xogos de mesa.











10/11/24

Exposicións temáticas

 Bos días!

Moitas veces dicimos que a biblioteca ten que funcionar como motor de aprendizaxe a todo o cole, e por iso, unha das actividades que facemos son exposicións temáticas que axuda ás aulas aa realizar diferentes traballos.

Este curso levamos varias:

- Exposición relacionada co proxecto "Arredor de nós"

foto


- Exposición de fondos que conteñen biografías de mulleres para a proposta do 25N feita polo equipo de Tics..



- Exposición de tiras cómicas de "Mafalda" para que o alumnado de 5° e 6° de primaria o coñecera e poidera preparar a exposición do programa Cidades Amigas da Infancia do Concello de Redondela. 




7/11/24

Bibliorecreos 2024

Boas!!

Xa temos de volta os BIBLIO-RECREOS e o alumnado está gozando das diferentes propostas:


Obradoiros de biblioteca creativa:



Club de lectura por niveis:

Reto Lego do mes:

Xogos de mesa:

Seguiremos traballando neles para que o alumnado os siga disfrutando!


4/11/24

Os voluntarios da biblioteca

 Que tal familias?

Outro ano máis, XA TEMOS GRUPO DE VOLUNTARIOS.

Como cada ano, buscamos entre o alumnado de 5º e 6º a esas nenas e nenos con afán de axudar aos compis e ao profesorado na tediosa labor da biblio, e un ano máis, xa os temos aquí.

Grazas a elas e eles, a biblioteca vai funcionar mellor, poderemos facer moitas máis actividades (retos, contacontos, apadrinamentos, etc), e a biblioteca vai seguir sendo un lugar de referencia para o alumnado, profesores e tamén para as familias.


Grazas Lía, Irina, Paula, Bruno, Dafne, Desi e Mateo (5º EP) e grazas tamén a Pepe, Hugo R., Hugo O., Iker, Gael e Neizan (6º EP), sen a vosa labor isto non podería ser posible.