24/10/10
23/10/10
NOVA ANDAINA PARA AS MOCHILAS VIAXEIRAS
18/10/10
LECTURAS PARA COMPARTIR
Hoxe tivemos a primeira reunión coas familias interesadas nesta actividade; xa sabedes que é un servicio de intercambio de libros para prestarse entre familias e no que participa tamén o profesorado.
A partires de que recibades a notificación, xa podedes traer os vosos libros á biblioteca. Hai algunhas novidades que xa comunicaremos oportunamente.
Agárdanos un curso con moitas sorpresas lectoras!
Grazas pola vosa asistencia!

12/10/10
Á DESCUBERTA DOUTRAS BIBLIOTECAS
O alumnado de 6º curso vimos de pasar unha semán en Salamanca e tivemos a sorte de poder visitar a biblioteca da Fundación Sánchez Ruipérez. Alí descubrimos xeitos de buscar libros, de coñecer os contidos e moitas cousas máis. Seguro que aproveitaremos o que alí aprendimos.29/9/10
II ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES E MUNICIPAIS DE REDONDELA
Vense de celebrar o II Encontro de Bibliotecas Escolares de Redondela, podedes acceder á información na seguinte ligazón.
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/search/label/Bibliotecas
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/search/label/Bibliotecas
OUTRO XEITO DE LER
Aí vai outro xeito de ler ao noso admirado autor Jimmy Liao!A nosa proposta consiste en observar atentamente as ilustracións, escoitar a canción e...falar dos sentimentos que nos transmite, da historia que se conta, dos pequenos detalles..Non deixedes de facer comentarios ao remate!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)