11/3/11

A RECOMENDACIÓN LECTORA DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA


A pequena Curie era a bomba: aprendeu soa a ler, sabía patinar sobre xeo, falaba cinco idiomas e ademais era ben guapa. O normal é que de maior xa non quedase moito por descubrir.... pero non fixera máis que empezar: a súa enerxía atómica non se detería até resolver un dos misterios científicos máis desconcertantes e perigosos de todos os tempos.

25/2/11

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA











Unha exposición de libros de Rosalía, un mural sobre Rosalía, outro cos traballos do alumnado (gráficos e escritos) sobre a súa obra concretaron , ao final, as actividades que a biblioteca foi propoñendo para este 24 de febreiro que, como cada ano, conmemoramos e festexamos para lembrar e coñecer a nosa ilustre escritora.












23/2/11

ROSALÍA E A CIENCIA

Quen dixo que non hai relación entre poesía e ciencia? Do libro "Explorando el mundo. Poesía de la ciencia. Antología" (Editorial Gadir) coa edición de Miguel García Posada, copiamos este poema de Rosalía de Castro que está moi relacionado co noso proxecto de "Ás descubertas" e ábrenos unha porta máis sobre Rosalía.

A LOS CUATRO PUNTOS CARDINALES

Desde los cuatro puntos cardinales

e nuestro buen planeta

– joven, pese a sus múltiples arrugas -,

miles de inteligencias

poderosas y activas

para ensanchar los campos de la ciencia,

tan vastos ya que la razón se pierde

en sus frondas inmensas,

acuden a la cita que el progreso

les da desde su templo de cien puertas.

Obreros incansables, yo os saludo,

llena de asombro y de respeto llena,

viendo como la Fe que guió un día

hacia el desierto al santo anacoreta,

hoy con la misma venda transparente

hasta el umbral de lo imposible os lleva.

¡ Esperad y creed! , crea el que cree,

y ama con doble ardor aquel que espera.

Rosalía de Castro


2º SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA DE 5º CURSO


Hoxe tivemos a 2º sesión do clube de lectura de 5º sobre o libro " A monstroescola. Que veñen os monstros" de . Fariña.
Iso de que pechen escolas está moi perto de nós xa que hai unha escola veciña ( a de Trasmañó) que vén de pechar o curso pasado e así falamos das semellanzas; tamén fomos comentando os diferentes personaxes e facendo conxeturas do que pode pasar. Estamos desexando ler en que queda este lío que se acaba de formar co correo electrónico.
Por último, quedamos de "repensar" o nome para o clube de lectura.

17/2/11

2ª sesión do Clube de lectura de 6º

Onte volvimos a reunirnos para falar de " A pantasma de Canterville" de Oscar Wilde.
Acordamos seguir buscando un nome xa que non houbo empate entre dúas opcións e decidiuse pensalo un chisco máis.
Comentouse a diferencia cultural entre os ingleses e os americanos, a importancia da mancha da biblioteca e da biblioteca mesma, das diferentes personalidades dos personaxes , do sentido do humor do texto e algúns integrantes apuntaron tame´n que non cambiamos moito cando despois de 200 anos hai homes que continúan a asasinar ás súas mulleres.
Logo comentamos as pasaxes que máis nos gustaron deste capítulo e quedamos de ler o 2º para dentro de quince días.

15/2/11

MALOS TEMPOS


Unha mostra dos traballos do alumnado do 3º ciclo relacionados coa canción de Lamatumbá.