26/4/11

XELA VOLVEUSE VAMPIRA, Actividades para 4º curso no CEIP ALEXANDRE BÓVEDA

Algunhas das actividades que estivemos a realizar coa lectura do libro de Fina Casalderrey "Xela volveuse vampira"

11/4/11

ENCONTROS PLAMBE 2011



O venres, 8 de abril, estivemos nos Encontros PLAMBE das Bibliotecas escolares de Galicia. Sempre voltamos sorprendidas pola cantidade e calidade do traballo que se fai nas bibliotecas de Galicia, pola calidade das ponencias (canto temos que aprender no tema da autoavaliación!!)e pola excelente organización ( coma sempre) das responsables Pilar e Cristina. Sabemos que nos queda moito por facer, pero imos á modo polo camiño certo.

MÁIS ESCRITOS E ESCRITORES EN 5º CURSO

ESCRIBINDO CON CARLOS NEGRO E ROSALÍA

10/4/11

A PRIMAVERA NA ESCOLA


Chegou a primavera á nosa escola e arrecende a flores e verde polos recunchos do patio e nós lembramos os versos de Pilar Pallarés:

"Á tarde , cun can e un libro
entreaberto
séntome nun banco do xardín
e detéñome a contemplar o transcorrer da vida."

1/4/11

POR FIN!!






















Despois de tanto esperar, vimos cumprida a nosa ilusión de ter connosco a X. A. Neira Cruz; contounos de Violeta, de Mo, da súa inspiración, da lectura e o tempo fíxose curtísimo. Quedaron tantas preguntas por facer...

Grazas Xosé A. Neira Cruz pola túa xenerosidadeao compartir con nós este tempo que lembraremos cun sorriso e moita dozura.



POR FIN!!