7/3/12

OS OFICIOS TRADICIONAIS


Con motivo do día da Muller e esperando a visita da Señora Carmen, nalgunhas clases estamos traballando diferentes aspectos, entre eles, os oficios tradicionais. O departamento de Dinamización Lingüística elaborou unha presentación sobre estes oficios que tan arraigados na nosa tradición.
Para velo, preme aquí

PARALÁ NO DÍA DA PAZ

Aquí vos mostramos o vídeo que se elaborou con motivo do día da Paz e no que participou toda a escola.
Este ano traballamos a multiculturalidade a través do Camiño de Santiago por iso andivemos un camiño imaxinario feito con moitos, moitos zapatos e que chegaba á nosa particular meta: a réplica en papel da catedral de Santiago como representación do monumento artístico máis coñecido de Galicia.

Para visualizalo mellor... pantalla completa.

ACTIVIDADES 8 DE MARZO

NO SEGUINTE DOCUMENTO ATOPAREDES AS ACTIVIDADES E OS ENDEREZOS QUE VOS AXUDARAN A RESOLVELAS
DÍA DA MULLER

22/2/12

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


PESCUDANDO SOBRE ROSALÍA NO BLOG DA CARACOLA TOLA E NA BIBLIOTECA


I. LUGAR E DATA DO NACEMENTO DE ROSALÍA.

II. IDADE QUE TIÑA ROSALÍA CANDO MORREU.

III. RELACIÓN EXISTENTE ENTRE ROSALÍA E O 17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

IV. NOME DOS FILLOS DE ROSALÍA E DO SEU MARIDO.

V. TÍTULOS DE DOUS LIBROS DE POESÍA DE ROSALÍA EN GALEGO E DUN EN CASTELÁN.

VI. PESCUDA NA BIBLIO O CANTO IV DE “CANTARES GALLEGOS” E COPIA UNHA ESTROFA.

VII. CITA UNHA NOVELA DE ROSALÍA.

VIII. BUSCA NA BIBLIOTECA UN EXEMPLAR DE “ FOLLAS NOVAS” , COPIA UNHA ESTROFA E DI A QUE APARTADO PERTENCE.

AÍNDA QUEDA PERO....


Aínda que queda un pouco para as letras galegas xa van aparecendo as biografías e xa chegou á nosa biblioteca unha moi amena escrita por Charo Portela , incluíndo unha antoloxía da súa obra.
Para non perderse as ilustracións de Jaime Asensi, que son moi divertidas e imaxinativas.


NOVIDADES


A familia de Román ( de 5º curso e que é moi colaborador da Caracola Tola) agasallounos co exemplar dun traballo marabilloso " OS NOMES DO MAR DE BAIONA E PANXÓN" dirixido por Xosé Lois Vilar e ilustracións de Pepe Carreiro onde é evidente o labor realizado por diferentes colectivos.
Agradecemos o agasallo e invitamos a ler este libro se queredes coñecer toponimias relacionadas co mar así como oficios, partes dun barco, ...