1/12/12

2ª sesión do obradoiro de cabezudos sobre os putrefactos.

Os cabezudos xa están case listos!









BEBORES DE TINTA EN 4º

Comezamos a ler "OS BEBEDORES DE TINTA" e sacamos unhas fotos facendo unha imitación do personaxe  de bebedor de tinta que aparece no libro. Vaia cara de felicidade e concentración se nos puxo!










25/11/12

OBRADOIRO DE CABEZUDOS NO CULTURGAL

O alumnado de 6º esta participando nun obradoiro de cabezudos impartido por Inacio Vilariño desntro das actividades que CULTURGAL interacciona coas escolas. 
Polo de agora, está sendo moi divertido e están aprendendo moitísimo.
O tema esta baseado na idea dos "putrefactos" de Dalí e Lorca. Promete que acabaraaínda mellor do que se empezou





PLÁNTATE

Esta semana andivemos a traballar sobre a violencia contra as mulleres, as diferenzas entre maltrato e bo trato e tantas cousas interesantes que foron síndo nas clases.
Os libros sobre coeducación estiveron moi "viaxados", xa que entraban e saían da biblioteca continuamente.Fixemos moitas fotos e gravacións sobre o acto principal pero xa irán saíndo máis adiante. Polo de pronto, unha pequena mostra do cartel, do principio e do final.











17/11/12

EN VÍAS DE MEDRAR


Estivemos na presentación en Pontevedra do libro de María Reimóndez " En vías de extinción"; alí agasalláronnos cun castiñeiro e un carballo: Na clase de alternativa xa estivemos plantando o castiñeiro a carón da biblioteca para que medre cheo de sabedoría.



TEMPO DE COGUMELOS NA ESCOLA

Despois das chuvias e do sol, agromaron os cogumelos polo recinto da escola.
Xa sabemos que cos cogumelos hai que ter moito coidado e é necesario coller precaucións tanto para comelas como para arrincalas.
Polas fotos, poderíase dicir que estamos na escea dun conto.
Para saber máis podemos consultar os libros que temos na biblioteca: