14/2/13

Versión orixinal no Multiusos de Chapela

Este Domingo 17, ás 19:30 h. o Multiusos de Chapela proxecta cinema de animación, dentro do ciclo de cinema galego "Versión orixinal" que se está a desenvolver no Concello de Redondela durante este mes.
Trátase do filme "O Apóstolo", unha película de Fernando Cortizo, nomeada ao premio de Mellor Película de Animación nos Premios Goya. https://www.edu.xunta.es/webmail/dimp/message.php?folder=INBOX&uid=12800

A actividade está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e pola Concellería de Cultura. O prezo das entradas é de 3 €, e poderán mercarse nos Multiusos de Redondela e mais de Chapela.

Para máis información sobre a actividade, podedes ver aquí:

https://www.edu.xunta.es/webmail/dimp/message.php?folder=INBOX&uid=12800

31/1/13

COCIÑAMOS UN MUNDO MELLOR

Onte celebramos o día da paz cociñando moitas receitas cheas de boas intencións; foi un traballo moi interesante e participativo. pronto publicaremos as receitas pero mentras estamos á espera imos vendo unhas fotos do acto. Por certo que estivemos moi animados coa música de " María Fumaça" e a súa "SOPA DO NENÉ".











25/1/13

PARA COCIÑEIROS/AS SOLIDARIOS

Estes días estamos a elaborar " receitas solidarias" para traballar " A Paz". Esatas son algunas recomendacións para inspirarse.

NOVAS ADQUISICIÓNS PARA TRABALLAR VALORES


22/1/13

PREPARANDO A PAZ


Anda a escola cociñando receitas para o día da paz e o libro de Eva Manzano e Mónica Martínez Sierra vai de man en man.