19/11/13

PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO- COUSAS DE ESCOLA

ESTES DÍAS A NOSA ESCOLA É A PROTAGONISTA DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS ESCOLAS DE ANTES, NA QUE PARTICIPAN TODOS OS DEPARTAMENTOS, RELACIONADO CO PROXECTO INTEGRAL DE CENTRO " MEDINDO E CONTANDO"

18/11/13

DORIS LESSING

Coa morte de Doris Lessind vaise tamén una mente lúcida e combativa. Aquel "caderno dourado" que tanto nos inspirou e nos fixo reflexionar sobre a nosa condición de mulleres, de estar e de vivir no mundo, queda para sempre prendido na nosa memoria e na educación literaria. Preocupada pola educación e polo mundo da lectura en todos os aspectos sociais e en todos os niveis para mellorar as inxustizas e combater a corrupción dos gobernos, é hoxe un exemplo de responsabilidade e compromiso como escritora.

10/11/13

A BIBLIO DA CARACOLA TOLA NOS RECREOS

Levamos uns días cunha actividade frenética nos recreos; non chegan os ordenadores que temos para todo o traballo que quere facer o alumnado e tamén hai una gran demanda de empréstitos e devolucións. O alumnado de primeiro ten querencia polos libros POP-UPS e o de segundo ten una grande afección polo debuxo. Así que entre uns e outros a CARACOLA TOLA ha de estar moi contenta.

NOVOS TÍTULOS PARA O NOSO PROXECTO

ESTAMOS MOI METIDOS NO PROXECTO DE CENTRO E POLO DE AGORA ESTAMOS OCUPADOS CO TEMPO PERO IMOS PENSANDO NAS MATEMÁTICAS E NOS NÚMEROS. TEMOS ALGÚNS LIBROS QUE NOS AXUDAN MOITO. ESTES SON UNHA MOSTRA: