22/11/13
FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA
HOXE, TODAS NOSAS FELICITACIÓNS VAN PARA TI, FINA, PORQUE TE QUEREMOS, POR TANTO CARIÑO QUE NOS TES DEMOSTRADO, POLO AMOR QUE NOS TRANSMITECHES POLA LECTURA, POLA TÚA PAIXÓN NUN ENSINO DIFERENTE. aÍNDA LEMBRAMOS A VISITA QUE FOXESTES Á ESCOLA E COMO NOS DIVERTIMOS E TODO O QUE APRENDEMOS.
POR ISO E POR MOITO MÁIS, UNHA APERTA MOI FORTE NESTE DÍA TAN IMPORTANTE PARA TI.
20/11/13
ESTAMOS A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS CO 25 DE NOVEMBRO
ESTAMOS A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS CO 25 DE NOVEMBRO E COMEZAMOS A USAR LIBROS RELACIONADOS CO TEMA.
19/11/13
PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO- COUSAS DE ESCOLA
ESTES DÍAS A NOSA ESCOLA É A PROTAGONISTA DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE AS ESCOLAS DE ANTES, NA QUE PARTICIPAN TODOS OS DEPARTAMENTOS, RELACIONADO CO PROXECTO INTEGRAL DE CENTRO " MEDINDO E CONTANDO"
18/11/13
DORIS LESSING
Coa morte de Doris Lessind vaise tamén una mente lúcida e combativa. Aquel "caderno dourado" que tanto nos inspirou e nos fixo reflexionar sobre a nosa condición de mulleres, de estar e de vivir no mundo, queda para sempre prendido na nosa memoria e na educación literaria.
Preocupada pola educación e polo mundo da lectura en todos os aspectos sociais e en todos os niveis para mellorar as inxustizas e combater a corrupción dos gobernos, é hoxe un exemplo de responsabilidade e compromiso como escritora.
10/11/13
A BIBLIO DA CARACOLA TOLA NOS RECREOS
Levamos uns días cunha actividade frenética nos recreos; non chegan os ordenadores que temos para todo o traballo que quere facer o alumnado e tamén hai una gran demanda de empréstitos e devolucións.
O alumnado de primeiro ten querencia polos libros POP-UPS e o de segundo ten una grande afección polo debuxo.
Así que entre uns e outros a CARACOLA TOLA ha de estar moi contenta.
NOVOS TÍTULOS PARA O NOSO PROXECTO
ESTAMOS MOI METIDOS NO PROXECTO DE CENTRO E POLO DE AGORA ESTAMOS OCUPADOS CO TEMPO PERO IMOS PENSANDO NAS MATEMÁTICAS E NOS NÚMEROS.
TEMOS ALGÚNS LIBROS QUE NOS AXUDAN MOITO. ESTES SON UNHA MOSTRA:
7/11/13
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








